IniciosociedadeO Principado decreta o peche perimetral de Asturias desde as 00.00 horas...

O Principado decreta o peche perimetral de Asturias desde as 00.00 horas do mércores

Doutra banda, o toque de queda na rexión será desde as 0.00 ata as 6.00 horas, segundo anunciou o presidente do Executivo asturiano, Adrián Barbón

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno de Asturias decretou o peche perimetral da comunidade autónoma desde a madrugada do martes ao mércores, a partir das 0.00 horas. Trátase dunha medida que se ampara na declaración do estado de alarma aprobado polo Goberno central. Doutra banda, o toque de queda na rexión será desde as 0.00 ata as 6.00 horas.

O presidente do Principado, o socialista Adrián Barbón, anunciouno así nunha roda de prensa no Palacio de Presidencia logo da reunión do comité de crise da Covid-19.

Barbón adoptará esta medida pola necesidade de tomar medidas drásticas que freen a expansión dos contaxios de coronavirus. O xefe do executivo asturiano xa defendeu en xuño que as comunidades con peores datos continuasen en estado de alarma ata mellorar a súa situación epidemiolóxica. Agora foi dos primeiros en solicitar a nova declaración do estado de alarma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...