O Goberno de Asturias decretou o peche perimetral da comunidade autónoma desde a madrugada do martes ao mércores, a partir das 0.00 horas. Trátase dunha medida que se ampara na declaración do estado de alarma aprobado polo Goberno central. Doutra banda, o toque de queda na rexión será desde as 0.00 ata as 6.00 horas.
O presidente do Principado, o socialista Adrián Barbón, anunciouno así nunha roda de prensa no Palacio de Presidencia logo da reunión do comité de crise da Covid-19.
Barbón adoptará esta medida pola necesidade de tomar medidas drásticas que freen a expansión dos contaxios de coronavirus. O xefe do executivo asturiano xa defendeu en xuño que as comunidades con peores datos continuasen en estado de alarma ata mellorar a súa situación epidemiolóxica. Agora foi dos primeiros en solicitar a nova declaración do estado de alarma.