O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 691, dezaoito máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse na área lucense 34 positivos novos, confirmados por PCR.
O municipio de Viveiro continúa arestora en alerta de nivel 2, cun total de 20 positivos. Segundo concretou a alcaldesa, a socialista María Loureiro, no municipio viveirense realizáronse un total de 106 PCR, parte delas no colexio privado Landro, no que se detectou un contaxio que se suma aos dous no CEP Lois Tobío e ao localizado na escola de Celeiro. No cómputo das dúas últimas semanas, o concello mantense en aviso de nivel 1, ao ter menos de 28 casos novos nun prazo de 14 días.
O municipio decretou o peche dos parques infantís e tamén dos baños públicos.
Burela, pola súa banda, mantense no aviso de nivel 1, con entre 7 e 14 casos na última semana.
Dos 691 contaxiados da provincia, 32 están ingresados. Vinte e cinco deles permanecen no HULA, entre eles os dous da área lucense que requiren de coidados intensivos. O Hospital Público da Mariña atende un paciente Covid-19, por cinco o centro hospitalario de Monforte e un o Polusa.
No histórico da provincia documéntanse 92 falecementos, 3.229 altas e 4.012 casos acumulados.
RESIDENCIAS
No tocante ás residencias, este mércores o Sergas informou de que se localizaron tres novos casos, todos de usuarios, na residencia de maiores de San Cibrao, en Cervo. Neste xeriátrico xa se documentara unha persoa contaxiada entre o persoal.
MAIORES
3 Residencia San Cibrao (Cervo)
13 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
16 Residencia Domusvi Bóveda
TRABALLADORES
1 Residencia de maiores de Burela
1 Residencia Castro Ribeiras do Lea
1 Residencia San Cibrao (Cervo)
1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 San Rafael (Mondoñedo)
1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
2 Residencia O Incio
11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro
14 Residencia Domusvi Bóveda
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)
CENTROS EDUCATIVOS
No tocante aos centros educativos da Mariña, localizáronse casos novos, un por centro, no CPR Landro e no IES Illa de Sarón (Xove). Súmanse aos dous detectados no CEP Lois Tobío, un no CEIP de Celeiro e outro no Colexio Vista Alegre de Burela.
DEZ NOVOS FALECEMENTOS EN GALICIA PARA 880
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.074, deles 1.201 son da área da Coruña, 691 da de Lugo, 1.423 da de Ourense, 727 da de Pontevedra, 1.358 da área de Vigo, 1.128 da de Santiago e 546 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 58 están en UCI, 401 en unidades de hospitalización e 6.615 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 25.804 persoas curadas, rexistrándose 880 falecementos.
Na xornada de onte rexistráronse 10 falecementos nos centros hospitalarios galegos. Trátase de dous homes de 87 e 53 anos e unha muller de 80 anos que estaban ingresados no CHUS; un home de 66 anos que estaba ingresado no CHUAC; un home de 91 anos que estaba ingresado no Hospital Quirón Salud da Coruña; unha muller de 87 que estaba ingresada no CHUF; dous homes de 88 e 84 anos que estaban ingresados no CHUVI (esta última persoas era usuaria da residencia de Salvaterra); un home de 84 anos que estaba ingresado no CHUO (usuario da residencia O Viso de Lobeira); e unha muller de 82 anos que estaba ingresada no CHUO (usuaria da residencia Os gozos Pereiro de Aguiar). Todos eles presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 646.233.