IniciosociedadeUrxen en Riotorto o expediente de contratación dunha praza que ocupa a...

Urxen en Riotorto o expediente de contratación dunha praza que ocupa a muller do alcalde

O PSdeG lembra que solicitou a documentación dúas semanas atrás e ameaza con acudir á Valedora do Pobo se o goberno local non accede á petición, amparada pola lexislación

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG de Riotorto presentou hoxe un novo escrito no rexistro do Concello para comprobar o expediente completo da contratación das tres prazas seleccionadas a través do Plan Depuemprego da Deputación no Concello. Concretamente é unha praza de albanel, outra de xardineiro e unha praza de administrativa, na que resultou titular deste proceso selectivo a muller do alcalde, o popular Clemente Iglesias. Os socialistas anuncian que se non se atende esta petición recorreran á Valedora do Pobo.

Dende o grupo socialista de Riotorto explican que “o pasado 5 de outubro, é dicir hai máis de 15 días, rexistramos un escrito para revisar estes expedientes, pero o único que recibimos foi o silencio do PP. Que ten que ocultar o alcalde para non facilitar esta documentación, tal e como marca a lexislación?”, din.

Por iso unha vez máis “vémonos na obriga de defender os intereses de todas as veciñas e veciños de Riotorto, e de continuar na nosa teima de poñer luz e taquígrafos a esta contratación. Por iso, hoxe mesmo volvemos solicitar o acceso a esta documentación, tal e como marca a normativa”, denuncian.

“No escrito, rexistrado hoxe, solicitamos día e hora para poder comprobar os expedientes; esperemos que o PP non se poña nervioso e poidamos acceder a esta información, atendendo aos nosos dereitos como representantes do pobo lexitima e democraticamente elixidos”, advirten os socialistas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...