IniciosociedadeLoureiro pide á Xunta que oficialice "á maior brevidade" o Camiño do...

Loureiro pide á Xunta que oficialice “á maior brevidade” o Camiño do Mar

A alcaldesa de Viveiro lembra que a medida goza do consenso parlamentario desde 2010 e que o Xacobeo 2021 supón "unha oportunidade" para A Mariña en plena crise económica

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, reunirase o próximo 2 de novembro en Santiago coa directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, para falar sobre a oficialización do Camiño do Mar e coñecer, de primeira man, o estado no que se atopa a tramitación deste expediente. Esta xuntanza estaba prevista inicialmente para o 13 de outubro, non podendo celebrarse nesa data por problemas de axendas.

A alcaldesa asisitirá a esa xuntanza acompañada por Jesús Fernández Fernández, 1º tenente de alcalde; María Soledad Rey Yáñez, concelleira de Turismo, e Manuel Vicente González, presidente da Asociación Camiño do Mar.

O goberno municipal solicitara unha xuntanza co xerente do Xacobeo para falar sobre este asunto, á que se respostou explicando que a reunión debería solicitarse coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural por ser este o departamento encargado de desenvolver os trámites e xestions encamiñados a oficializar os Camiños de Santiago en Galicia, previo estudo histórico.

Dende o goberno municipal enténdese que se trata “dunha cuestión urxente, tendo en conta que o Parlamento de Galicia aprobou o inicio da oficialización do Camiño do Mar en 2010 e tendo en conta, asemade, que se trata dunha oportunidade para toda a comarca, que urxe axilizar se temos en conta que o 2021 será ano xacobeo e considerando a crise económica derivada da situación actual”.

REUNIÓN CON PATRIMONIO CULTURAL

O Concello de Viveiro remarca que leva “anos traballando pola oficialización e promoción do Camiño do Mar, convencido de que se trata dun recurso histórico, cultural e turístico que cómpre pór en valor, ademais da súa importancia dende o punto de vista económico sobre todo para un sector, o do turismo, especialmente afectado pola pandemia“.

Coa reunión da vindeira semana, o Concello de Viveiro pretende coñecer en que punto se atopa a tramitación deste expediente e instar á Xunta de Galicia para que o recoñecemento oficial do Camiño do Mar se produza “á maior brevidade posible”, tendo en conta que suporía “un pulo importante” para Viveiro e toda a comarca da Mariña.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...