IniciosociedadeA Deputación achega 114.000 euros ao Valadouro para o centro de día...

A Deputación achega 114.000 euros ao Valadouro para o centro de día e o proxecto de vivendas protexidas

A iniciativa do Concello busca fixar poboación no municipio, coa construción dun inmoble no centro da capital municipal con prezos regulados e asequibles

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo deu luz verde a un convenio de colaboración a través do que a achega 114.000 ao Concello do Valadouro para varias actuacións, como a adquisición de bombas de recirculación de auga para a piscina municipal, a adecuación dun inmoble para o uso de centro de día e a elaboración dun proxecto de construción de vivendas en Ferreira.

A voceira socialista do Goberno bipartito, Pilar García Porto, explicou que este proxecto ten como finalidade “a creación dunha bolsa de vivendas de protección oficial no centro de Ferreira, cerca dos principais servizos: centro de saúde, colexio, casa da cultura, parques, restaurantes e comercios locais, o que suporá un incentivo para a actividade económica do Valadouro”.

“Esta iniciativa municipal que impulsa a Deputación busca fixar poboación nun concello rural, promovendo que as novas xeracións poidan quedarse a vivir en Ferreira e evitar que se vaian a outras localidades”, engadiu.

A previsión inicial é construír 22 vivendas, nun edificio que terá un soto con 22 prazas de garaxe, 22 trasteiros, planta baixa con locais comerciais, 3 alturas e unha planta baixacuberta. Os prezos das vivendas estarán regulados e serán asequibles, co obxectivo de facilitar ao máximo o acceso ás mesmas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...