IniciosociedadeO concello de Cervo continuará co mesmo grao de restriccións alomenos ata...

O concello de Cervo continuará co mesmo grao de restriccións alomenos ata o vindeiro martes

O Concello entrou en alerta vermella tras localizarse nos últimos días alomenos 31 casos na residencia, pero a Xunta non adoptará ata a reunión do comité clínico medidas máis duras

Publicada o

- Advertisement -

Á espera da evolución dos acontecementos, o municipio de Cervo non sufrirá en principio, e alomenos ata o vindeiro martes, as restriccións que si se aplicaron noutros concellos para evitar contaxios de coronavirus. Así o confirmaron fontes da Consellería de Sanidade, despois de que se detectaran alomenos 31 positivos -24 deles de maiores- na residencia de San Cibrao, o que fixo que o termo municipal entrase en alerta vermella dentro do mapa co que o Goberno autonómico expón a situación epidemiolóxica por Covid-19.

O comité clínico da Xunta de Galicia, que decide o nivel de restriccións a aplicar, reúnese os martes e venres, polo que non se prevé que se apliquen medidas se a situación epidemiolóxica no municipio non se torna urxente, cun grao importante de transmisión comunitaria.

Mapa da situación epidemiolóxica por municipio. AXM

A ALERTA VERMELLA É UNICAMENTE POLA INCIDENCIA ACUMULADA NOS ÚLTIMOS DÍAS

O mapa de alerta da Xunta recolle unicamente un dos once criterios utilizados polo Goberno autonómico para decidir as medidas a tomar en cada municipio, de aí que non se corresponda exactamente co de restriccións. Monforte serve como exemplo dun concello que entrou en alerta vermella polo grao de positivos novos nos últimos sete días -na residencia de Cervo acumúlanse alomenos 26 nas últimas 48 horas, cando o mínimo estipulado está en 21 no prazo dunha semana– sen que por iso debese cumprir cunha normativa máis estrita.

Mapa de restriccións por municipios da Xunta de Galicia. AXM

Tendo en conta que a maioría dos casos focalízanse no centro de maiores, Cervo non sería así o único caso dun municipio en alerta pola cantidade de positivos novos detectados nun espazo curto de tempo, pero que non sofre restricións máis severas.

O nivel 2 de restriccións, aplicado en toda Galicia, limita as reunións a un máximo de cinco persoas non convivintes; prohíbe as festas e verbenas; reduce o aforamento de comercios, hostalería e lugares de culto ao 50%, coas terrazas como máximo ao 75%; veta o consumo en barra e cifra a asistencia máxima a vodas (100 en exterior e 50 en interior) ou velatorios (25 e 10). Por agora son as mesmas que se aplicarán en Cervo ou noutros municipios da Mariña en alerta, como Viveiro (grao 2) ou Foz (grao 1). Os Concellos teñen competencias para proceder ao peche de parques públicos ou instalacións municipais se o estiman oportuno.

No Hospital Público da Mariña, tralo falecemento o pasado venres dun home de 82 anos, hai dúas persoas ingresadas.

DISTINTOS GRAOS DE RESTRICCIÓNS

As restriccións de nivel 3 son as seguintes: prohibido servir no interior de bares, e unha limitación a cinco persoas nas mesas das terrazas e dos restaurantes. Excepcionalmente, aplicáronse restriccións de mobilidade -como o actual peche perimetral das sete grandes cidades– e do dereito de reunión para evitar contaxios en lugares con alto porcentaxe de contaxios sobre o total poboacional ou alto grao de transmisión comunitaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...