Cinco positivos novos en centros educativos da Mariña e dous en DomusVi Viveiro, un deles dun maior

Na provincia de Lugo confirmáronse 119 PCR positivas nas últimas 24 horas

Geriatros (DomusVi) Viveiro. AXM

O número de casos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 894, 93 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse na área lucense un total de 119 positivos novos, de acordo coa mesma fonte. Os falecementos ascenden a 96 trala morte dun home de 82 anos no Hospital da Mariña.

Dos 894 contaxiados, 35 permanecen ingresados. Vinte e seis son atendidos no HULA, entre eles os tres da área sanitaria que requiren de coidados intensivos. O Hospital da Mariña coida de dous pacientes Covid-19, por sete hospitalizados en Monforte. No histórico da provincia documéntanse 96 mortes, 3.324 altas e 4.313 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 79.179 PCR.

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da Mariña detectáronse cinco novos positivos. Un deles na escola infantil de Burela, o que supuxo o peche dunha aula; outro, no IES Monte Castelo; un cuarto -documentábanse tres- no Ceip Vista Alegre burelao; outro no Ceip nº 1 de Foz; e finalmente outro no Ceip de Covas.

BURELA E.I. Burela (Xunta) 1

BURELA IES Monte Castelo 1
BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 4

FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº1 1
FOZ CEIP Fondo Nois 1

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 1
VIVEIRO CEIP de Celeiro 1
VIVEIRO CEP Luís Tobío 2
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2

XOVE IES Illa de Sarón 1

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, localizáronse dous novos positivos, dun usuario e un traballador da residencia de maiores DomusVi Viveiro. No xeriátrico de Cervo, onde se localizaron 31 positivos nos últimos días, non se reportan máis contaxios segundo os datos oficiais do Sergas.

MAIORES

24 Residencia San Cibrao (Cervo) (confirmados polo Concello)
1 Residencia DomusVi Monforte
13 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro

TRABALLADORES

1 Residencia de maiores de Burela
1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
1 Residencia DomusVi Chantada
7 Residencia San Cibrao (Cervo) (confirmados polo Concello)
1 Residencia Milagrosa (Lugo)
1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)
1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)
2 Residencia DomusVi Viveiro

GALICIA ACUMULA 8.762 POSITIVOS, 399 MÁIS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.762 deles 1.473 son da área da Coruña, 894 da de Lugo, 1.397 da de Ourense, 918 da de Pontevedra, 1.924 da área de Vigo, 1.349 da de Santiago, e 807 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 69 están en Uci, 405 en unidades de hospitalización e 8.288 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.900 persoas curadas, rexistrándose 910 falecementos. O número de PCR realizadas é de 682.669.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here