Vinte e un falecementos rexistrados este luns de persoas que contraeran o virus causante da covid-19 elevaron a 944 as vítimas mortais provocadas pola pandemia en Galicia desde o seu inicio.
A Consellería de Sanidade informou destes decesos, cifra récord nesta segunda onda da pandemia que se producen nun momento no que a autonomía está por encima dos 600 contaxios diarios, á vez que crece a presión hospitalaria en UCI.
Entre as 21 mortes documentadas nas últimas 24 horas e comunicadas polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) a última hora da tarde deste luns hai un falecemento na área sanitaria de Lugo, o dun home de 79 anos que faleceu no seu domicilio.
Le a información completa no Galicia Confidencial.