IniciosociedadeO Hospital da Mariña atende doce pacientes con coronavirus, o triple en...

O Hospital da Mariña atende doce pacientes con coronavirus, o triple en 24 horas

O número de casos activos na provincia de Lugo baixa a 963, con 26 positivos novos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixou a 963, 20 menos ca onte, segundo o reconto do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas horas localizáronse 26 positivos novos e confirmouse un falecemento, o dun home da área sanitaria que morreu no seu domicilio.

Dos 963 contaxiados da área lucense, 41 permanecen ingresados. Doce son atendidos no Hospital da Mariña, que triplicou en 24 horas o número de internos con Covid-19. No HULA fican 22 hospitalizados, entre eles os cinco da provincia que requiren coidados intensivos. Outros sete doentes son coidados no centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 99 falecementos, 3.436 altas e 4.497 contaxiados. Realizáronse 81.398 PCR, o que supón que nas últimas 24 horas efectuáronse 644 probas na provincia.

Os municipios de Cervo, Burela e Viveiro permanecen en alerta vermella por Covid-19 tras localizarse máis de 21 positivos novos nos últimos sete días. O Concello viveirense concretou que no termo municipa hai 39 casos. Foz segue en alerta de nivel 1, con entre 7 e 14 casos nos últimos sete días.

En canto a Galicia, os casos activos baixan en tres das sete áreas sanitarias galegas. En concreto, descenden a 1.272 na de Ourense –27 menos–; a 1.348 na de Santiago –12 menos– e a 963 na de Lugo –20 menos–. Por contra, os positivos aumentaron a 2.126 na área de Vigo –54 máis–; a 1.603 na da Coruña e Cee –28 máis–; a 1.082 na de Pontevedra e O Salnés –33 máis– e a 982 na de Ferrol –28 máis–.

Ata a data curáronse en Galicia 28.095 pacientes, o que supón un incremento de 343 con respecto aos rexistrados na xornada do luns. E realizáronse 706.326 PCR ata o momento, fronte ás 700.353 contabilizadas o día anterior.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...