O número de positivos de coronavirus detectados nos centros educativos da Mariña Lucense ascende a 21, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son seis máis dos confirmados o sábado na anterior información facilitada pola Consellería de Sanidade.
Burela é o municipio con máis casos, nove, en centros educativos, tres máis -dous no IES Monte Castelo e outro no IES Perdouro- confirmados nas últimas horas; Foz ten tres -cun novo positivo no Colexio do Pilar-, Viveiro seis, Xove dous -un máis no IES Illa de Sarón– e Ribadeo un, detectado no Gregorio Sanz.
Estes son os positivos documentados (en negriña os centros con casos novos):
BURELA E.I. Burela 1 (aula pechada)
BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 4
BURELA IES Monte Castelo 3 (dous máis)
BURELA IES Perdouro 1
FOZ CEIP Fondo Nois 1
FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 1
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1
RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1
VIVEIRO CEIP de Celeiro 1
VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 1
VIVEIRO CEP Lois Tobío 2
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2
XOVE IES Illa de Sarón 2 (un máis)