IniciosociedadeTerceira vítima mortal na residencia de Cervo, unha muller de 91 anos...

Terceira vítima mortal na residencia de Cervo, unha muller de 91 anos ingresada con Covid-19

A provincia de Lugo rebasa as cen mortes desde o inicio da pandemia ao falecer tamén unha muller de 89 anos hospitalizada no HULA

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller de 91 anos e paciente de Covid-19, procedente da residencia de San Cibrao, faleceu este martes no Hospital Público da Mariña, segundo concretaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Trátase da terceira vítima mortal que procede do xeriátrico de Cervo. Na residencia da Veiga, onde segundo o goberno municipal localizáronse máis de trinta contaxios entre usuarios e residentes, faleceron unha muller de 89 anos e un home de 81.

As mesmas fontes concretaron que outras seis persoas diagnosticadas por coronavirus faleceron en Galicia este martes. Entre elas, unha muller de 89 anos que permanecía ingresada no HULA, co que a provincia de Lugo rebasa os cen mortos -101- desde o inicio da pandemia.

Ademais, faleceron un home de 66 anos, no Chuac; un home de 58 anos, no Chuac, procedente da Residencia Ricardo Baró (Oleiros); dúas mulleres, de 95 e 93 anos, no Chuvi; e unha paciente de 83 anos, no Arquitecto Marcide. Todos eles tiñan patoloxías previas, segundo o Sergas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...