IniciosociedadeO Hospital atende 17 pacientes con Covid-19, trece deles procedentes da residencia...

O Hospital atende 17 pacientes con Covid-19, trece deles procedentes da residencia de San Cibrao

Cervo, Viveiro e Burela seguen en alerta vermella; Xove súmase a Foz, ambos no nivel de menor intensidade de advertencia, con entre 7 e 14 positivos novos no prazo dunha semana

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 1.016, 53 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 72 positivos novos e déronse dous falecementos, un deles o dunha muller residente do xeriátrico de San Cibrao.

Segundo o mesmo reconto, pechado ás 18.00 horas do día 4, dos 1.016 contaxiados, 42 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende 14 pacientes, dous máis ca onte, mentres o HULA coida de 25, entre eles os cinco da área sanitaria que requiren de coidados intensivos. Outros tres doentes de Covid-19 fican no centro hospitalario de Monforte.

Esta cifra foi actualizada na mañá deste mércores polo xerente da área sanitaria, Ramón Ares, que concretou que arestora hai 17 ingresados por Covid-19 no centro hospitalario de Burela, 13 dos cales proceden da residencia de San Cibrao, onde se rexistraron tres mortes de maiores con Covid-19.

No histórico da provincia documéntanse 101 mortes, 3.454 altas e 4.570 casos acumulados. Realizáronse até hoxe 82.133 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse un total de 735 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Cervo, Burela e Viveiro continúan en alerta vermella, con máis de 21 positivos novos nos últimos sete días. Foz mantense en nivel 1 de alerta, con entre 7 e 14 casos confirmados no prazo dunha semana, un aviso ao que se suma Xove.

9.642 CASOS EN GALICIA, 266 MÁIS CA ONTE

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.642 (266 máis); deles 1.668 son da área da Coruña, 1.016 da de Lugo, 1.211 da de Ourense, 1.097 da de Pontevedra, 2.271 da área de Vigo, 1.350 da de Santiago e 1.029 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 80 están en UCI, 483 en unidades de hospitalización e 9.079 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 28.466 persoas curadas, rexistrándose 951 falecementos. O número de PCR realizadas é de 713.800.

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da Mariña documéntanse 23 casos, dous máis ca onte. Son os seguintes:

BURELA E.I. Burela (Xunta) 1 (aula pechada)

BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 4
BURELA IES Monte Castelo 3
BURELA IES Perdouro 1

FOZ CEIP Fondo Nois 1
FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 2 (un máis)
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1

VIVEIRO CEIP de Celeiro 1
VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 1
VIVEIRO CEP Luís Tobío 2
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2

XOVE IES Illa de Sarón 3 (un máis)

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, danse os seguintes positivos, de acordo co reconto do Sergas:

MAIORES

17 Residencia San Cibrao (Cervo) (O centro confirmou 25 casos)

1 Residencia Orpea Lugo

2 Residencia DomusVi Monforte

5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia de maiores de Burela
1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
2 Residencia DomusVi Chantada

3 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia A Veiga (Láncara)
2 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
2 Residencia Nosa Señora do Carmen (Sober)

1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

3 Residencia DomusVi Viveiro

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...