IniciosociedadeQue pechará, que poderá abrir e que quedará restrinxido en Viveiro e...

Que pechará, que poderá abrir e que quedará restrinxido en Viveiro e Burela?

O DOG establece varias limitacións en 60 municipios galegos, entre eles dous da Mariña, que se comezarán a aplicar desde a medianoite do venres ao sábado

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Desde as doce da noite de mañá venres as actividades non esenciais quedarán restrinxidas polo prazo revisable dun mes para o 60 por cento da poboación galega, os residentes dun total de 60 municipios entre os que na provincia de Lugo están a propia capital, Monforte de Lemos, Burela e Viveiro.

Isto supón que pecharán os bares, cafeterías e restaurantes, excepto para o servizo de comida a domicilio, ademais doutros establecementos. Aínda que nun principio a hora establecida era as tres da tarde do venres, finalmente o decreto e a orde da Xunta publicados este mércores coas novas restricións atrasa a entrada en vigor da maioría das medidas ata a medianoite do 7 de novembro. Á parte do peche perimetral dos 60 municipios galegos nas que a Xunta endureceu as restricións, estas son as principais limitacións nestes municipios, segundo a orde da Consellería de Sanidade publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG):

ESTABLECEMENTOS QUE DEBEN PECHAR:

– De espectáculos públicos: circos, prazas de touros, recintos feirais.

– De actividades recreativas: os de xogo (casinos, salas de xogo, salas de bingo e tendas de apostas).

– De actividades deportivas: pistas de patinaxe, piscinas recreativas de uso colectivo.

– Para atraccións e xogos recreativos: parques de atraccións e temáticos, parques acuáticos e salóns recreativos.

– Para actividades culturais e sociais: salas de concertos.

– Para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

– De lecer e entretemento: salas de festas, discotecas e pubs, cafés-espectáculo, furanchos, centros de lecer infantil.

– De restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares.

Aínda que os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores ou acompañantes de pacientes, poderán manter o servizo de cafetería, bar e restaurante, sen superar o 50 por cento de capacidade. O consumo no local poderase realizar só sentando en mesa, cun máximo de seis persoas e todas elas deberán de ser conviventes.

ESTABLECEMENTOS QUE PODEN CONTINUAR ABERTOS

– De espectáculos culturais: cines, teatros, auditorios.

– De espectáculos deportivos: estadios, pavillóns, recintos deportivos, ximnasios e piscinas de competición.

– Culturais: museos, bibliotecas, salas de conferencias, salas polivalentes.

RESTRICCIÓNS

Academias, autoescolas, centros de educación non regulada: A actividade poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50 por cento.

– Bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións, monumentos e outras infraestructuras culturais: Non se poderán realizar actividades culturais en grupo, agás que sexan persoas conviventes, excluído o monitor ou guía.

– Cines, teatros, auditorios, e espazos similares: Límite máximo de 30 persoas en lugares pechados e de 75 se son actividades ao aire libre.

DEPORTE

– Actividades e instalacións deportivas: Ao aire libre, poderase realizar actividade física deportiva non federada ao aire libre só de forma individual ou colectiva só entre conviventes, sen contar co monitor, e sen contacto físico.

En instalacións e centros deportivos, poderase realizar actividade deportiva de forma individual, sempre que non se supere o 50 por cento de capacidade do establecemento e con medidas de seguridade e distancia interpersoal.

– Eventos deportivos, adestramentos e competicións deportivas con público: Poderán celebrarse sempre que o público permaneza sentado, non supere o 50 por cento da capacidade máxima, e un límite de 30 persoas para lugares pechados e 75 ao aire libre.

– Actividades turísticas: poderanse realizar con guía para grupos de ata un máximo de seis persoas, sexan ou non conviventes, coas medidas de distancia interpersoal.

– Actividades de tempo libre para a poboación infantil e xuvenil: Pódense realizar ao aire libre, en grupos de ata seis acodes, sexan ou non convivientes, cun límite do 50 por cento da asistencia máxima habitual e un máximo de 50 participantes, incluídos os monitores. En espazos pechados, o límite será de 25 participantes.

Congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, e xuntas de comunidades de propietarios: Poderán celebrarse sempre que non se supere o cincuenta por cento de capacidade máxima permitida no lugar de celebración, cun máximo de 30 persoas en lugares pechados e de 75 ao aire libre.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...