InicioEconomíaA Mariña acollerá protestas pola situación da hostalería co apoio dos obreiros...

A Mariña acollerá protestas pola situación da hostalería co apoio dos obreiros de Alcoa

O comité insta ao persoal a participar nas concentracións ante os consistorios e lembra a "necesidade e obriga moral" de nun contexto de crise consumir nos negocios da comarca

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao amosou o seu apoio á folga que a hostalería da provincia de Lugo ten prevista para mañá, sábado 7 de novembro. Os sindicatos chaman ao persoal da fábrica a acudir ás concentracións que se celebrarán diante dos consistorios, como alternativa para aquelas persoas que non poidan desprazarse á capital provincial, onde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (Apehl) convocou unha manifestación.

Segundo expuxo a través dun comunicado, o comité insta aos traballadores tanto do complexo industrial como das auxiliares a acudir con casco, chaleco de traballo ou algún símbolo que visibilice a loita que mantén o persoal contra o expediente de regulación de emprego (ERE) que Alcoa quere aplicar na planta de aluminio, ás protestas, que serán de 11.00 a 12.00 horas.

Os sindicatos insisten na “necesidade e obriga moral” de consumir no comercio e hostalería locais.

Segundo concreta a Apehl, están convocadas concentracións ante os 66 municipios da provincia, en protesta polo peche do sector nun total de 60 concellos -entre eles Viveiro, Burela, Lugo e Monforte-, incluído nas restricións que a Xunta de Galicia aplicará desde esta medianoite.

OS HOSTALEIROS DE RIBADEO DENUNCIAN QUE O SECTOR ESTÁ NUNHA SITUACIÓN “GRAVE”

Polo de agora, ao hostalería de Ribadeo anunciou a través dun comunicado de prensa que se concentrará ás 11.00 diante da Casa do Concello. O sector pretende “denunciar a grave situación pola que están a atravesar tras meses de confinamento, con restricións de aforamento desde o verán, con peches comarcais como o acontecido en xullo ou sufrindo o illamento da veciña Asturias ou de cidades como Lugo”.

Os hostaleiros indican que “a crise do noso sector arrastra ás empresas distribuidoras, á pesca, ás carnicerías, á agricultura, ás panaderías… a toda a cadea de provedores. Estamos convencidos de que todos xuntos podemos saír disto e por iso temos que loitar”, afirman os empresarios, que se concentrarán -coa debida distancia interpersoal e o uso das máscaras- co slogan ‘Salvemos a hostalería‘.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...