IniciosociedadeAscenden a 51 os positivos na residencia de Cervo; 37 maiores e...

Ascenden a 51 os positivos na residencia de Cervo; 37 maiores e 14 traballadoras

As PCR realizadas o pasado mércores confirmaron 17 novos casos, os de 13 usuarios e catro obreiras; 14 residentes están ingresados no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de positivos de coronavirus na residencia de Cervo ascende a 51, 37 usuarios e 14 traballadoras, segundo concretou a empresa concesionaria do centro de maiores de titularidade municipal, Edad Dorada Mensajeros de la Paz. Son 17 casos máis dos comunicados a última hora da tarde de onte ao Xornal da Mariña pola adxudicataria dos servizos -13 deles de residentes e outros catro de obreiras-.

Os novos 17 positivos foron confirmados a través de PCR realizadas o pasado mércores. O centro de maiores cervense ten 51 residentes, dos que 37 están contaxiados, 14 deles ingresados no Hospital Público da Mariña. Por outra banda, o número de traballadoras é de 23: 15 xericultoras, cinco obreiras de limpeza e tres enfermeiras.

Segundo afirmaron desde Mensajeros de la Paz, os positivos novos están “asintomáticos”, polo que en principio non foi necesario ningún novo ingreso nas últimas horas.

Tres anciáns procedentes do xeriátrico faleceron no centro hospitalario da comarca ao longo das últimas semanas. Trátanse dunha muller de 91 anos, outra de 89 e un home de 81.

A Consellería de Política Social, con todo, segue informando de moitos menos casos dos localizados, 17 de maiores e tres de traballadores. Estes son os outros positivos activos nos xeriátricos da provincia, segundo o reconto da Xunta de Galicia:

MAIORES

2 Residencia DomusVi Monforte

5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

23 Residencia Domusvi Bóveda

5 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

TRABALLADORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
2 Residencia DomusVi Chantada

1 Residencia A Veiga (Láncara)
2 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
2 Residencia Nosa Señora do Carmen (Sober)

1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

3 Residencia DomusVi Viveiro

14 Residencia Domusvi Bóveda
4 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...