IniciosociedadeDá positivo por covid-19 unha auxiliar de axuda no fogar do Concello...

Dá positivo por covid-19 unha auxiliar de axuda no fogar do Concello de Barreiros

Tras realizarse as probas PCR aos usuarios, o mesmo mércores, e ao resto de persoal do servizo, na mañá do xoves, os resultados foron na súa totalidade negativos

Publicada o

- Advertisement -

Unha persoa traballadora do servizo de axuda no fogar do Concello de Barreiros deu positivo por covid-19 na mañá deste mércores, segundo informou a alcaldesa do municipio, Ana Ermida.

Tras realizarse as probas PCR por parte do Sergas aos usuarios, o mesmo mércores, e ao resto de persoal que comparte o servizo, na mañá do xoves, os resultados do resto das persoas analizadas foron negativos.

Segundo informou o Concello, a rexedora sinalou a “importancia” de realizar as probas con “axilidade” aos posibles contactos, especialmente aos colectivos de risco, como poden ser as persoas usuarias e traballadoras de axuda no fogar, para “poder actuar con rapidez no freo de posibles contaxios”.

A ALCALDESA CHAMA A REDUCIR O NÚMERO DE CONTACTOS

Neste sentido, a alcaldesa fixo un chamamento á “tranquilidade” e á “responsabilidade” e destacou a “importancia de seguir os protocolos e adoptar todas as medidas de seguridade nas relacións laborais.

Ermida tamén explicou que na prestación do servizo de axuda no fogar o Concello estableceu un protocolo “estrito” no uso de equipos de protección persoal para o persoal e tamén no uso de máscara por parte das persoas usuarias que requiren un contacto estreito, de forma que se “protexe tanto ao persoal municipal como ás persoas usuarias”. A iso, atribúe “o éxito no freo da propagación dos contaxios”.

A alcaldesa tamén trasladou esta semana a todo o persoal municipal un recordatorio acerca das medidas de seguridade no desenvolvemento da actividade laboral, así como a obrigatoriedade de levar control de acceso de todas as persoas que se atendan.

Ermida tamén insistiu na necesidade de “seguir cumprindo estritamente coas normas que se ditan desde as autoridades sanitarias”, así como a recomendación de reducir o círculo de contactos nestes momentos nos que a “virulencia de contaxios está en alza”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...