IniciosociedadeA Deputación achegará 280.000 euros para o arranxo da estrada dos Garitos

A Deputación achegará 280.000 euros para o arranxo da estrada dos Garitos

Medio Rural financiará case o 80% dos traballos, por un total de 360.000 euros; ampliarase a vía, construirase unha beirarrúa e dotaráselle de pasos de peóns e alumeado público

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou este venres un convenio de colaboración entre o goberno provincial e o Concello de Ribadeo para levar adiante as obras de mellora da estrada dos Garitos, paralela á liña de Feve.

Os traballos consistirán na ampliación da vía para permitir o paso de vehículos en dous carrís e o acondicionamento dun dos lados a modo de beirrarúa para permitir o tránsito de persoas, cun ancho mínimo de dous metros. Ademais, instalarase alumeado público con luminarias LED cada 25 metros e puntos de luz específicos para a sinalización dos dous pasos de peóns elevados que se disporán ao longo da estrada.

O convenio tamén contempla a mellora do cruzamento entre a estrada e a rúa Segundo Moreno Barcia, para facilitar o xiro dos vehículos pesados, así como a renovación da rede de pluviais desa mesma vía.

A área de Medio Rural achegará 280.000 euros para a execución das obras, que contan cun orzamento total de 359.700 euros. A deputada de Medio Rural e concelleira de Ribadeo, a nacionalista Mónica Freire, sinalou que “con este convenio de colaboración solventarase o deterioro dun vial moi utilizado polo tráfico pesado, especialmente para o transporte da madeira que se corta nas parroquias do interior do concello”.

A deputada explicou que “tras esta aprobación da Xunta de Goberno, nos vindeiros días asinaremos o convenio interadministrativo co Concello”.

FONTE DE POLÉMICA ENTRE CONCELLO E PP POLO “SILENCIO” DA XUNTA

Deste xeito executaranse unhas obras que foron fonte de polémica entre o Partido Popular e o Concello de Ribadeo, dado que despois dun acordo plenario -a iniciativa dos conservadores- para solicitar á Xunta de Galicia o financiamento para as actuacións, o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, criticou “o silencio” do Goberno autonómico ante as peticións -desde principios de ano- do executivo local, mentres que os conservadores acusárono de “vivir moi cómodo nun martirio permanente” respecto de San Caetano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...