IniciosociedadeCentos de persoas concéntranse por toda A Mariña por un sector que...

Centos de persoas concéntranse por toda A Mariña por un sector que “agoniza”, a hostalería

Obreiros de Alcoa participaron nas concentracións celebradas ante os consistorios da comarca, para protestar contra o peche do sector en 60 municipios galegos, entre eles Viveiro e Burela

Publicada o

- Advertisement -

Centos de persoas concentráronse ante os consistorios ao longo de toda a xeografía da Mariña Lucense na mañá deste sábado para denunciar a “grave situación” pola a que está a atravesar a hostalería desde o inicio da pandemia do coronavirus o pasado mes de marzo. Ribadeo, Foz, Burela ou Viveiro -estes dous últimos, entre os 60 municipios nos que os establecementos do sector hostaleiro ficarán pechados por un período revisable dun mes-, San Cibrao -que foi emprazamento alternativo á capital municipal de Cervo ao concentrar a maioría dos negocios- ou San Cosme de Barreiros foron algúns dos lugares que acolleron protestas, unha por cada un dos 66 termos municipais lucenses.

DE LOITO POR PREVISIBLES PECHES

Empresas distribuídoras cos seus vehículos, comerciantes, clientes, traballadores e empresarios hostaleiros secundaron as chamadas realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, cuxo acto principal reivindicativo foi celebrado na capital provincial, cunha manifestación que percorreu as rúas lucenses. Na Mariña, portando pancartas, olas ou espumadeiras, entre outros utensilios, tamén se fixeron escoitar acompañados polos pitos dos camións. Varios vestiron de loito polo previsible peche dalgúns negocios. A continuación, asociados da APEHL deron lectura ao comunicado do colectivo nos distintos municipios.

Barreiros. CEDIDA

RECLAMAN AXUDAS ÁS ADMINISTRACIÓNS

Co lema ‘salvemos a hostalería‘, os hostaleiros inciden en que “a crise do noso sector arrastra ás empresas distribuidoras, á pesca, ás carnicerías, á agricultura, ás panaderías… a toda a cadea de provedores”. E reclaman ás administracións “axudas directas para poder afrontar esta cadea continua de peches e de restricións de aforos”. “Levamos meses cumprindo coas normativas sanitarias en vigor en cada momento. Estannos a dicir que a porcentaxe de contaxios nos bares e restaurantes é moi baixa, entón non entendemos as medidas que se adoptan”.

San Cibrao. CEDIDA

As protestas contaron coa presenza de representantes de todos os partidos políticos e recibiron o apoio especial dos traballadores de Alcoa, inmersos na loita por evitar o peche da planta de aluminio primario de San Cibrao.

Coa súa roupa de traballo, participaron activamente nas concentracións a petición do comité de empresa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...