IniciosociedadeBaixan a 1.127 os positivos na provincia, aínda que con 61 positivos...

Baixan a 1.127 os positivos na provincia, aínda que con 61 positivos novos nas últimas 24 horas

Un total de 51 lucenses con Covid-19 permanecen ingresados, 14 deles na Mariña; Viveiro, Cervo e Burela seguen en alerta vermella e Foz, Xove e O Valadouro en aviso amarelo

Publicada o

- Advertisement -
O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.127, 30 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse un total de 61 positivos novos por PCR, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade. Dos 1.127 infectados, 51 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende 14 pacientes con Covid-19, por 34 o HULA -entre eles os catro da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos– e tres o centro hospitalario de Monforte. No histórico da provincia confirmáronse 102 falecementos, 3.694 altas e 4.922 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia.

SEN VARIACIÓNS NO MAPA DE ALERTA

Respecto da situación epidemiolóxica, Viveiro e Burela -que comezaron onte o confinamento perimetral dun mes e o peche da hostalería- permanecen xunto con Cervo en alerta vermella, por máis de 21 casos confirmados nos últimos sete días. O ValadouroFoz e Xove están no nivel 1 de advertencia, con entre 7 e 14 positivos localizados nese mesmo prazo.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias de maiores, documéntanse os seguintes positivos:

MAIORES

35 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia DomusVi Monforte

5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
2 Residencia DomusVi Chantada

14 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia A Veiga (Láncara)
2 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
2 Residencia Nosa Señora do Carmen (Sober)

1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

3 Residencia DomusVi Viveiro  

10.109 CASOS EN GALICIA E 981 FALECIDOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.109 (167 menos); deles 1.868 son da área da Coruña, 1.127 da de Lugo, 1.082 da de Ourense, 1.232 da de Pontevedra, 2.503 da área de Vigo, 1.226 da de Santiago, e 1.071 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 89 están en Uci, 483 en unidades de hospitalización e 9.537 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 30.662 persoas curadas, rexistrándose 981 falecementos. O número de PCR realizadas é de 746.637.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...