IniciosociedadeA Deputación axudará con 80.000 euros a aliviar o impacto da crise...

A Deputación axudará con 80.000 euros a aliviar o impacto da crise na artesanía

Os artesáns interesados nas subvencións, con 1.500 euros para sufragar gastos correntes de funcionamento dos talleres, poderán solicitar a achega ata o 27 de novembro

Publicada o

- Advertisement -

Este luns abre o prazo para solicitar as axudas para os obradoiros artesáns convocadas polo Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Deputación Provincial de Lugo, segundo anunciou o goberno provincial a través dun comunicado de prensa. Ata o vindeiro 27 de novembro, as persoas titulares de obradoiros ubicados na provincia e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia poderán tramitar a achega, de 1.500 euros, para sufragar gastos correntes de funcionamento dos talleres.

O deputado de Artesanía e Deseño, o nacionalista Efrén Castro, explicou que “se trata dunha liña de axudas extraordinaria, coa que se pretende contribuír a amortiguar o impacto da crise sanitaria sobre o sector da artesanía, moi prexudicado pola suspensión de feiras, mercados e outros eventos culturais nos que habitualmente comercializan os seus produtos”.

As subvencións concederanse atendendo á orde de entrada de solicitudes no Rexistro Xeral da Deputación ata esgotar o orzamento destinado as mesmas, que ascende a 79.500 euros.

INSCRICIÓNS

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo. O Centro de Artesanía e Deseño informará e atenderá consultas sobre o procedemento no teléfono 982.21.00.66, extensión 1366.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...