IniciosociedadeAumentan a 58 os ingresados con Covid-19 na provincia, 17 deles no...

Aumentan a 58 os ingresados con Covid-19 na provincia, 17 deles no Hospital da Mariña

O número de casos baixa a 1.116, pero nas últimas 24 horas confirmáronse outros 60 positivos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.116, nove menos ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas, de acordo coa mesma fonte, confirmáronse un total de 60 positivos novos.

Dos 1.116 contaxiados, 58 permanecen ingresados, sete máis ca onte. O Hospital Público da Mariña atende 17 pacientes Covid-19 (tres máis ca na anterior actualización), por 37 o HULA -tres máis, e entre eles os catro doentes da área lucense que requiren coidados intensivos- e catro o centro hospitalario de Monforte, un máis para un total de catro.

No histórico da provincia documéntanse 104 falecidos, 3.763 altas e 4.982 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 86.836 PCR.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, na provincia de Lugo contabilízanse os seguintes positivos:

MAIORES

35 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia DomusVi Monforte

5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

23 Residencia Domusvi Bóveda

15 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

TRABALLADORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
2 Residencia DomusVi Chantada

14 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia A Veiga (Láncara)
2 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
2 Residencia Nosa Señora do Carmen (Sober)

1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

3 Residencia DomusVi Viveiro

11 Residencia Domusvi Bóveda
4 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

GALICIA SUPERA OS 600 INGRESADOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.015 (94 menos); deles 1.887 son da área da Coruña, 1.116 da de Lugo, 1.035 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.469 da área de Vigo, 1.209 da de Santiago, e 1.045 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 94 están en Uci, 511 en unidades de hospitalización e 9.410 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 31.148 persoas curadas, rexistrándose 988 falecementos. O número de PCR realizadas é de 752.416.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...