A Xunta manterá o peche en 60 concellos, entre eles Burela e Viveiro, tras comunicar 21 novas mortes

Sanidade avanza que o comité clínco non adoptará "ningunha relaxación de medidas", posto que "é moi pouco tempo" para ver se as restricións "teñen resultado positivo ou negativo"

Control da Garda Civil en Burela. EFE/ELISEO TRIGO

A Xunta de Galicia manterá as restriccións -o peche da hostalería e o confinamento perimetral, entre outras- nos 60 municipios pechados desde a pasada fin de semana, entre eles Burela e Viveiro, e tamén o toque de queda entre as 23.00 e as 6.00 horas, segundo confirmou o presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa celebrada este luns.

O martes reúnese o comité clínico da Xunta. Preguntado ao respecto, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que “o que si podo adiantar é que mañá non haberá en xeral ningún tipo de relaxación de medidas. É moi pouco tempo para ver un efecto positivo ou negativo”, clarificou.

Así o anunciou nunha xornada tráxica, na que Consellería de Sanidade informou do falecemento de 21 persoas diagnosticadas de Covid-19 nas últimas horas, oito delas usuarias de residencias. Na provincia produciuse unha única morte, o dun residente de 60 anos da vivenda comunitaria da Fonsagrada. Deste xeito, Galicia supera o milleiro de mortes desde o inicio da pandemia e alcanza un total de 1.009.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here