IniciosociedadeBaixan os positivos nos centros educativos, aínda que hai novos casos en...

Baixan os positivos nos centros educativos, aínda que hai novos casos en Lourenzá, Burela e Xove

Detectouse unha primeira infección no Ceip Juan Rey e novos contaxios no Vista Alegre e no Caselles Rollán, con dúas aulas pechadas; déronse cinco altas, tres delas en Foz

Publicada o

- Advertisement -

O número de positivos de coronavirus nos centros educativos da Mariña baixa a 28, dous menos dos confirmados na anterior actualización, despois de que se restasen cinco contaxios e se documentasen tres novos. Localizouse un primeiro caso no Ceip Juan Rey de Lourenzá e outro no IES Monte Castelo e no Ceip Caselles Rollán de Xove. Podes consultar o total a continuación:

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

BURELA E.I. Burela (Xunta) 1/1/0

BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 6/1/0 (un menos, unha aula pechada)

ESCOLAS INFANTÍS BURELA IES Monte Castelo 5/0/0 (un máis)

BURELA IES Perdouro 2/0/0

FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 1/0/0 (un menos)

FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1/0/0 (un menos)

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1/0/0 (novo)

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1/0/0

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 2/0/0

VIVEIRO CEP Lois Tobío 1/0/0

VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 1/0/0 (un menos)

VIVEIRO IES Vilar Ponte 1/0/0

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 3/2/0 (un máis, 2 aulas pechadas)

XOVE IES Illa de Sarón 2/0/0

Tamén se restou da lista un positivo no IES de Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...