IniciosociedadePaula García Corral, do IES Monte Castelo, distinguida co Premio Extraordinario de...

Paula García Corral, do IES Monte Castelo, distinguida co Premio Extraordinario de Bacharelato

Os 39 premiados tiveron que acadar unha nota media igual ou superior a 8,75 euros e despois superar unha proba específica

Publicada o

- Advertisement -

A alumna do IES Monte Castelo de Burela Paula García Corral recibirá, xunto a outros 38 estudantes, o Premio Extraordinario de Bacharelato e FP Superior. Así o anunciou a Xunta de Galicia a través dun comunicado, no que concretou que o obxectivo destes galardóns é recoñecer e valorar os méritos excepcionais polo resultado académico acadado.

A Consellería convoca cada ano este galardón co fin de recoñecer o esforzo, traballo e aproveitamento académico dos estudantes que rematan a etapa de Bacharelato nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e que obtivesen unha nota media do Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

A maiores tiveron que superar unha proba específica estruturada en dúas partes: a primeira consistente na análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de Bacharelato. Na segunda parte desenvolvéronse temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade cursada polo alumnado.

XA GAÑARA O PREMIO EXTRAORDINARIO DA ESO

Cabe salientar que García Corral, daquela como estudante do IES Vilar Ponte de Viveiro, recibiu xa no 2018 o Premio Extraordinario da ESO. Esta é a lista dos premiados, que recibirán diploma e 1.000 euros:

Nº inscrición

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe

2009001469

Alcalde Vesteiro, Jorge

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

2052000482

Alonso Guerrero, Eiko

36019921

CPR Los Sauces

1.000 €

2007000861

Bacariza Villamarín, Adrián

36016127

IES Plurilingüe Aquis Celenis

1.000 €

2095001023

Barriuso Veleiro, Yago

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2037001040

Candisano Gillanders, Clara

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

1.000 €

2002000203

Fernández Carballal, Martín

32015207

IES O Couto

1.000 €

2037000805

Fernández Cervelo, Paula

Constanza

27003151

IES Lama das Quendas

1.000 €

2062000877

Fraga Vilas, Iago

36000481

IES Ramón Cabanillas

1.000 €

2091000124

García Corral, Paula

27013958

IES Monte Castelo

1.000 €

2020001262

Infante Deus, Eva María

15004101

CPR Plurilingüe Cristo Rey

1.000 €

2009001250

Louzán Nieves, María

36011181

CPR Plurilingüe Mariano

1.000 €

2041000984

Mondaray Travieso, Lucía

32008513

CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús

1.000 €

2086001313

Núñez Suárez, Elba

32016273

IES Xesús Ferro Couselo

1.000 €

2027000533

Pereira Reboredo, Irene

36012471

IES Castro Alobre

1.000 €

2022001547

Ríos Pampín, Raúl

15027782

IES Ordes

1.000 €

2099001141

Rivas Cantelar, Noela

15015743

IES Arcebispo Xelmírez I

1.000 €

2088001286

Rodríguez Martínez, Verónica

15006730

IES Sofía Casanova

1.000 €

2054001142

Rodríguez Núñez, Álex

36018999

IES As Barxas

1.000 €

2061001307

Ruso Vidal, Juan Manuel

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2096001162

Sánchez Iglesias, Ximena

15005257

IES Ramón Menéndez Pidal

1.000 €

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...