IniciosociedadeO Concello licitará "inmediatamente" o arranxo da estrada dos Garitos tras asinar...

O Concello licitará “inmediatamente” o arranxo da estrada dos Garitos tras asinar o convenio coa Deputación

Suárez Barcia expón que o goberno local adiantará os 80.000 euros restantes e critica "o silencio clamoroso" da Xunta, que "dixo que xa verá se pon algo nos orzamentos do ano que vén"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, asinou o convenio coa Deputación de Lugo para proceder ao arranxo da estrada dos Garitos. A institución provincial aportará 280.000 euros e o resto, un total de 80.000 euros, serán investidos polo Concello ribadense, “xa que a Xunta de Galicia non aclarou a súa postura a este respecto”, indicou o rexedor, que anunciou que o goberno local procederá a licitar “inmediatamente” esta obra.

O alcalde explicou que “en principio, o Concello vai sufragar a parte restante, é dicir, 80.000 euros, xa que a día de hoxe e despois de varios meses de peticións formais tanto do alcalde como da corporación municipal en pleno, a Xunta de Galicia non deu aclarado se vai poñer algo, se vai poñer algo irrisorio ou se vai poñer unha cifra que nos corte a respiración a todos. De momento temos un silencio clamoroso, dicindo que xa verá nos orzamentos do ano que vén se pon algo ou non”.

UN VIAL DE MOITO TRÁFICO PESADO

O rexedor ribadense engadiu que “ao ter xa tanto os permisos como a cesión do vial por parte de Feve e as cesións menores por parte dos terreos colindantes, e xa que os recursos económicos están tamén garantidos, imos pasar de inmediato á licitación e á execución desta obra que vai dar, sen dúbida, unha seguridade ao tráfico pesado que por alí circula, que é moito, e que vai permitir aos viandantes que non se xoguen o tipo cando pasen por alí”, argumentou.

Suárez Barcia expuxo que “logo se a Xunta de Galicia segue desfollando a margarida e se decide poñer algo antes do día do xuízo final, pois pode poñelo sempre que queira. Se o fai minoraríamos desde logo a achega do Concello ou a da Deputación ou a das dúas, e utilizaríamos estes sobrantes en actuacións de interese para Ribadeo. O rexedor asinou no Pazo de San Marcos o convenio coa deputada de Medio Rural e concelleira na corporación ribadense, Mónica Freire.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...