IniciosociedadeO comercio de Ribadeo crea a súa plataforma de venda online con...

O comercio de Ribadeo crea a súa plataforma de venda online con 40 negocios “de todos os sectores”

Empresas de moda, calzado, xoiería, regalo, servizos ou hostalería participarán na web, que se estreará o vindeiro luns

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciais, Industriais e Autónomos (Acisa) vén de presentar a súa nova plataforma de venda online: ‘Ribadeo Cerca de Ti‘. Desta forma a patronal ribadense achega o comercio local aos seus clientes a través de internet. A iniciativa arrinca con 40 establecementos de diferentes sectores.

A plataforma www.ribadeocercadeti.es estará operativa desde o vindeiro luns, 16 de novembro. O presidente da Acisa, Francisco Iriarte, sinalou que “a creación dunha plataforma web que unificara nun mesmo espazo todas as tendas online do comercio asociado e que ademais dera posibilidades a quen non contaba con ela” foi “unha das melloras comprometidas pola directiva ao ser reelixida”.

Iriarte concretou que o espazo é “facilmente accesible e intuitivo, e cómodo e seguro para realizar as compras. Vivimos tempos difíciles, nos que desprazarse non é unha opción debido ás restriccións, polo que moitos dos nosos clientes non poden vir mercar a Ribadeo. Pero esta ferramenta permitirá a moitas das nosas tendas seguir vendendo a compradores de Asturias, Galicia, Madrid ou calquera cidade”, resumiu.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que a plataforma “contará con todos os sectores comerciais: moda, calzado, xoiería, regalo, servizos ou hostalería. É unha sorte de centro comercial virtual. Entrar na web é como dar un paseo por Ribadeo, que abre moitas posibilidades para mercar aquilo que precisamos”, concretou.

ABERTA PARA A CAMPAÑA DE NADAL

Pérez amosouse convencido de que “nas próximas semanas” a cifra de negocios inscritos “aumentará”, xa que poden estar presentes de dúas formas: se teñen web propia daráselles ligazón, e se non poderán ter un espazo onde poderán “xestionar vendas, subir fotos, descricións, marcas, tallas e cores… Como se tivesen a súa propia páxina”, engadiu.

Pérez agradeceu a colaboración “do cliente de Ribadeo, que segue a mercar aquí, e a plataforma tamén é para eles”. Iriate, finalmente, agardou que a nova ferramenta “poida servir para que quenes están pensando xa nos regalos de Nadal e non se poden desprazar os merquen igualmente na nosa vila sen acudir a plataformas estranxeiras”. A iniciativa, que se pode consultar en galego e castelán, contou cunha subvención concedida pola Xunta de Galicia a través do IGAPE.

FORMACIÓN DIXITAL

Acisa tamén se envorca na formación dixital. Pérez lembrou que o colectivo está a impartir cursos, grazas á colaboración do Concello de Ribadeo, para a dixitalización dos negocios. “Ensínaselles a crear o seu propio espazo dentro da plataforma online a xestionar o día a día da web, como subir produtos ou configurar cobros”, resume o xerente do colectivo empresarial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...