IniciosociedadeAs Anpas denuncian que o Sergas non fixo probas nin confinamento tras...

As Anpas denuncian que o Sergas non fixo probas nin confinamento tras un positivo nun colexio de Burela

As familias critican que unha colaboradora do comedor do Ceip Vista Alegre resultou contaxiada sen que se efectuasen máis análises nin illamentos

Publicada o

- Advertisement -

A Confederación de Anpas Galegas volve cargar contra a xestión da Xunta de Galicia sobre a crise da covid-19. Neste caso, as asociacións de nais e pais centran o foco no incremento do número dos contaxios en aulas e o “terrible descontrol” que ven en relación cos casos confirmados, sospeitosos e compatibles.

Neste aspecto, dirixen as súas críticas contra un caso concreto acontecido no colexio Rosalía de Castro de Lugo, onde -relatan- unha docente deu positivo nunha aula pero o alumnado non recibiu probas nin sequera foi confinado.

Paralelo é o caso que denuncian en Burela, onde unha colaboradora do comedor escolar do CEIP Vista Alegre deu positivo, de novo sen que seguisen novas probas nin confinamento algún. “Como é posible que os os rastrexadores tarden máis dunha semana en poñerse en contacto co alumnado confinado para facer a PCR ou o seguimento? Ou o caso, aínda máis absurdo, de chamar a alumnado non confinado (que deberan estalo) para dicirlles que podían saír do confinamento?”, pregúntanse as Anpas. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...