Este xoves faleceu, aos 70 anos, o que foi concelleiro do Partido Popular en Foz e tenente de alcalde nas dúas anteriores lexislaturas, Pedro Fernández Manín.
Desde o partido conservador lamentaron a perda “dun gran compañeiro e dun gran loitador polo benestar de Foz”. Tamén desde o Concello, “con gran pesar”, se sumaron ás condolencias á súa familia e amizades, así como á formación popular.
Quenes o coñecen destacan a súa personalidade afable e proclive ao diálogo durante a súa etapa na política local focega. De Fernández Manín, que xa foi edil popular na oposición, destacaba o ex rexedor, Javier Castiñeira, “unha gran capacidade de traballo e un carácter espléndido” que foi chave entre 2011 e 2019, anos de goberno conservador en minoría.