IniciosociedadeO Valadouro sae de alerta amarela; os ingresados con Covid-19 no Hospital...

O Valadouro sae de alerta amarela; os ingresados con Covid-19 no Hospital da Mariña baixan a once

O número de casos activos na provincia descende a 1.053, aínda que nas últimas 24 horas confirmáronse 42 novos positivos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.053, nove menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 42 novos positivos por PCR.

Dos 1.053 lucenses contaxiados, 53 permanecen ingresados, cinco menos ca onte. O Hospital Público da Mariña atende once pacientes con Covid-19, dous menos ca na anterior actualización. O HULA coida de 37 doentes infectados -un menos- entre eles os seis da área sanitaria que requiren de coidados intensivos. En Monforte, as hospitalizacións de positivos baixan de sete a cinco.

No histórico da provincia documéntanse 108 mortes, 4.014 altas e 5.175 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 89.771 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas realizáronse 811 probas.

Con respecto á situación epidemiolóxica, Viveiro e Cervo mantéñense en alerta laranxa, con entre 14 e 21 positivos novos nos últimos sete días, mentres que Burela e Foz están en aviso amarelo, con entre 7 e 14 casos detectados no mesmo prazo. O Valadouro volve ao nivel 0, por debaixo das sete infeccións confirmadas na última semana.

SEGUE A BAIXAR O NÚMERO DE CASOS ACTIVOS EN GALICIA

En canto a Galicia, os casos activos seguen en descenso no global da Comunidade galega tras reducirse en cinco das sete áreas sanitarias e aumentar nas de Vigo e Pontevedra. En concreto, na de Vigo soben a 2.450 os casos activos –24 máis que este xoves–; e na de Pontevedra e O Salnés, a 1.270 –20 máis–. Pola súa banda, descenden nas da Coruña e Cee ata os 1.840 –15 menos–; a 1.130 na de Santiago e Barbanza –18 menos–; a 1.053 na de Lugo –11 menos–; a 915 na de Ferrol –16 menos– e a 874 na de Ourense –seis menos–. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...