IniciosociedadeRibadeo súmase a Foz, Burela e Xove, en alerta 1, mentres Viveiro...

Ribadeo súmase a Foz, Burela e Xove, en alerta 1, mentres Viveiro segue en aviso laranxa

Os casos activos na provincia baixan a 1.062 malia confirmarse 62 positivos novos; os ingresados aumentan a 57, trece deles no Hospital Público da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.062, 47 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este domingo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 62 positivos novos por PCR.

Dos 1.062 contaxiados, 57 permanecen ingresados, seis máis. O Hospital Público da Mariña atende trece pacientes con Covid-19, dous máis; o HULA 38, entre eles os seis da área sanitaria lucense que precisan de coidados intensivos; o centro hospitalario de Monforte coida de seis persoas infectadas.

No histórico da provincia documéntanse 109 falecementos, 4.186 altas e 5.357 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 91.726 probas PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 947 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, Ribadeo entra en alerta 1, con entre 7 e 14 positivos novos na última semana. Súmase así aos concellos de Burela, Foz e Xove. Pola súa banda, Viveiro segue en aviso laranxa, con entre 14 e 21 casos confirmados nos últimos sete días.

256 CASOS ACTIVOS MENOS EN GALICIA, PARA 9.298

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.298 deles 1.820 son da área da Coruña, 1.062 da de Lugo, 825 da de Ourense, 1.267 da de Pontevedra, 2.442 da área de Vigo, 1.041 da de Santiago, e 841 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 105 están en Uci, 473 en unidades de hospitalización e 8.720 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 35.003 persoas curadas, rexistrándose 1.062 falecementos. O número de PCR realizadas é de 797.998.

RESIDENCIAS

No relativo ás residencias, non se produciron cambios nos xeriátricos da Mariña.

MAIORES

23 Residencia San Cibrao (Cervo)

8 Vivenda Comunitaria Remaso de Paz (A Fonsagrada)

11 Residencia San Salvador (Guntín)

4 Residencia DomusVi Monforte

2 Residencia de Monforte

4 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

14 Residencia Domusvi Bóveda

15 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

TRABALLADORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
4 Residencia DomusVi Chantada

15 Residencia San Cibrao (Cervo)

5 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)

1 Residencia de As Gándaras (Lugo)
1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
4 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

2 Residencia DomusVi Viveiro

6 Residencia Domusvi Bóveda
4 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...