IniciosociedadeCervo acolle desde este luns a alumnado de seis países europeos

Cervo acolle desde este luns a alumnado de seis países europeos

Escolares e profesores de Lituania, Polonia, Portugal, Grecia, Turquía e Romanía participan nun intercambio do programa Erasmus + K2

Publicada o

- Advertisement -

Dezaoito escolares de 14 docentes de seis países –Lituania, Polonia, Portugal, Grecia, Turquía e Romanía– participan ao longo desta semana en Cervo nun intercambio enmarcado dentro do programa Erasmus + K2.

Os visitantes pasarán varios días no municipio e traballarán cos alumnos e profesores do Ceip de Cervo.

ACTIVIDADES

Participarán en experiencias culturais, actividades de carácter lúdico e excursións programadas polo centro educativo cervense, coa colaboración co Concello. Estas actividades servirán para que podan afondar no coñecemento da cultura galega e tamén afianzar a súa autonomía persoal, así como o emprego doutros idiomas. 

No pasado mes de maio, dúas alumnas e dúas profesoras do Ceip de Cervo participaron nun dos capítulos do intercambio, en Tesalónica (Grecia). Para abril do 2019 está prevista unha viaxe a Lituania.

RECEPCIÓN NO CONCELLO

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, e maila edil de educación, Dolores García Caramés, recibiron aos visitantes.

O rexedor agradeceu á directiva do Ceip de Cervo terse adherido ao programa, “apostando así pola internacionalización da educación. Estamos convencidos de que este proxecto é moi beneficioso para o desenvolvemento persoal dos rapaces, que conviven con nenos e nenas doutros países”, concluíu Villares.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...