IniciosociedadeHostaleiros de Burela reclaman ao Concello "axudas directas" para o sector

Hostaleiros de Burela reclaman ao Concello “axudas directas” para o sector

Uns 25 empresarios amosan o seu "desacordo" coas medidas de apoio aos negocios por parte do goberno municipal, ao que piden que medie ante a Xunta para levantar o peche

Publicada o

- Advertisement -

Representantes “dos principais locais hostaleiros” de Burela reuníronse na tarde deste luns luns, segundo informaron a través dun comunicado de prensa, para concretar as súas demandas e solicitar ao Concello un plan de medidas de axudas para o sector, que permanece pechado desde o pasado día 6 de novembro por decisión da Xunta de Galicia, e que acusou tamén o peche decretado en pleno mes de xullo por un brote de Covid-19 na comarca da Mariña que tivo especial incidencia na vila.

Na reunión participaron uns 25 empresarios que amosaron o seu “desacordo” coa base das medidas plantexadas desde o Concello, “que consistiron nunha liña de axudas aberta a tódolos sectores do comercio local, pero que resultan insignificantes ante a dura situación que vive actualmente a hostalería”, argumentan.

“O primeiro paso”, explican os empresarios, “será solicitar unha reunión de urxencia co alcalde e tenente alcalde do Concello de Burela para expoñer as súas principais demandas, solicitar axudas directas para o sector e amosar o seu malestar ante diferentes decisións que se teñen tomado e que non están favorecendo á hostalería de Burela”.

Os hostaleiros piden “sensibilidade” para entender a “precaria” situación pola que atravesa o sector e solicitarán tamén ao Concello que os “defenda” ante a Xunta de Galicia e “loite” para lograr que se levanten “as medidas tan restrictivas que afectan a Burela malia que a situación sanitaria é do nivel 1 de alerta, con moi poucos casos novos confirmados por PCR nos últimos días”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...