InicioM.ambiente e PatrimonioDesactivada a mediados de novembro a prealerta por seca na Mariña e...

Desactivada a mediados de novembro a prealerta por seca na Mariña e Ortegal

As precipitacións durante o mes de outubro favoreceron que Augas de Galicia levantase o aviso, que permanecía activo desde o mes de xullo

Publicada o

- Advertisement -

A Oficina Técnica da Seca desactivou o estado de prealerta nas comarcas de Ortegal e da Mariña lucense ao consolidarse os niveis de ocupación de auga dos ríos e dos encoros. Diso informou a Xunta nun comunicado, no que detalla que a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presidiu este luns unha nova reunión deste órgano, no que se decidiu desactivar o aviso nestas zonas, que permanecía activo desde o mes de xullo.

Segundo indicou a consellería de Infreastruturas e Mobilidade, as precipitacións rexistradas en outubro apontoaron os niveis de ocupación dos ríos e confirmaron a tendencia positiva que se observou nos últimos meses.

Os datos avaliados na reunión tamén mostran un incremento na ocupación dos encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Neste sentido, os rexistros dos encoros mantéñense nas últimas semanas por encima da media do últimos dez anos.

Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...