IniciosociedadeTres novos positivos de maiores na residencia de Cervo para un total...

Tres novos positivos de maiores na residencia de Cervo para un total de 34 contaxiados

Localizouse un novo caso entre o persoal, pero despois de que se producisen altas o número de traballadoras afectadas baixa a 13

Publicada o

- Advertisement -

O número de maiores con positivo por coronavirus na residencia de San Cibrao, en Cervo, aumentou nas últimas horas a 34 -tres máis-, despois de que se coñecesen os resultados de probas PCR realizadas o pasado luns. Dos 34 residentes afectados, seis permanecen ingresados no Hospital Público da Mariña.

Así o confirmaron fontes de Mensajeros de la Paz -a concesionaria do xeriátrico, de titularidade municipal-, que precisan que nestes momentos hai doce anciáns sen síntomas no centro de maiores e outros 28 infectados, dos cales varios pasaron o período marcado polo protocolo sanitario de 15 días de illamento. Polo tanto, agardan que nos vindeiros días estas persoas poidan someterse a probas PCR.

Nas mesmas análises confirmouse o contaxio dunha nova traballadora, pero ao documentarse novas altas o total de operarias infectadas baixa a 13.

Sete residentes que contraeran o Covid-19 faleceron desde que se detectou o brote na residencia da Veiga, todos ingresados previamente no centro hospitalario de Burela.

Estes son os datos de positivos de Covid-19 nos centros residenciais da provincia:

MAIORES

34 Residencia San Cibrao (Cervo)

8 Vivenda Comunitaria Remaso de Paz (A Fonsagrada)

9 Residencia San Salvador (Guntín)

4 Residencia DomusVi Monforte

2 Residencia de Monforte

15 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)

15 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

TRABALLADORES

13 Residencia San Cibrao (Cervo)

5 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)
1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo

2 Residencia de As Gándaras (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

1 Residencia DomusVi Viveiro

4 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

UN POSITIVO NOVO E TRES ALTAS NOS CENTROS EDUCATIVOS

No tocante aos centros educativos da Mariña Lucense, localizouse un positivo novo e tres altas.

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

RIBADEO E. I. Nosa Señora do Campo 2/1/0

BARREIROS CEIP San Miguel de Reinante Barreiros 1/0/0

BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 2/0/0
BURELA IES Monte Castelo 2/0/0
BURELA IES Perdouro 2/0/0 (un máis)

CERVO CEIP Península da Paz 1/1/0

FOZ CEIP Fondo Nois 1/0/0
FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 1/0/0 (un menos)
FOZ CPR Plurilingüe Martínez Otero 1/0/0
FOZ IES de Foz 1/0/0

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1/0/0

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 1/0/0 (un menos)
VIVEIRO CEP Lois Tobío 1/0/0
VIVEIRO EEI San Roque 1/0/0
VIVEIRO IES Vilar Ponte 1/0/0

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 3/1/0

Tamén se produciu unha alta no CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar, de Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...