IniciosociedadeO PP de Foz pide ubicar o fogar do xubilado na planta...

O PP de Foz pide ubicar o fogar do xubilado na planta baixa e o colectivo Virxe do Carme no primeiro andar

Os populares propoñen "unha reforma máis ambiciosa" do centro social para "solucionar todos os problemas" de espazo que teñen tanto a agrupación de anciáns como a de discapacitados

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Foz formulou unha proposta alternativa despois de que o Concello anunciase que traballa para a reforma do fogar do xubilado, a fin de recuperar o bar e acoller de novo os maiores. Os conservadores propoñen ubicar este servizo na planta baixa e acomodar o primeiro andar para a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme, que ocupa actualmente as instalacións, e outro para usos múltiples.

Esta iniciativa, argumenta o voceiro popular, Javier Castiñeira, “resolvería os problemas que se dan no centro social. O alcalde quere facer obras na primeira planta do centro social. Di que quere reubicar novamente alí o fogar do xubilado, que tiña problemas nesa planta: por un lado, humidades grandes, que se solventaron co goberno pasado impermeabilizando a fachada, e outros problemas de accesibilidade, propios dun local que non estaba preparado para ter un uso público nesa zona”, afirma.

CONSIDERA QUE O BAR TERÍA TERRAZAS NATURAIS E SERÍA MÁIS ACCESIBLE E “ATRACTIVO” PARA UNHA CONCESIÓN

Castiñeira sinala que “cremos tamén que debemos ser moito máis ambiciosos, no sentido de que as obras non deben facerse só na primeira planta senón tamén na planta baixa. Así, solucionaríanse todos os problemas e non habería que trasladar a ninguén. O que propón o PP é que se contemple a posibilidade de levar o fogar dos xubilados ao primeiro andar. Desta maneira xa terían varias terrazas naturais; abaixo, fronte ao parque infantil Conde de Fontao, hai uns soportais que son ideais para unha, e fronte ao porto están as beirarrúas que son amplas e poderían acoller outra”, explica o edil conservador.

Deste xeito, engade, o fogar do xubilado “sería moito máis accesible e moito máis atractivo para unha posible concesión. Así quedaría libre a planta alta e nela, unha vez despexada, poderían acondicionarse dous locais, un para a asociación Virxe do Carme e outro para usos múltiples, que podería albergar as actividades que se facían antes. Esa é a proposta do PP, que cremos que soluciona todos os problemas que teñen tanto os xubilados como agrupación Virxe do Carme”, conclúe.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...