Un alumno do IES de Foz participa en Italia no Mundial da pizza picante

Francisco Yáñez elaborará unha receita con polbo no certame, celebrado na rexión de Calabria

Francisco, coa pizza que elaborará no certame. AXM

Francisco Yáñez Iglesias, alumno do IES de Foz, está a participar na décimo oitava edición do Campionato Internacional de Pizza Picante que se celebra en Scalea, na rexión italiana de Calabria

O mozo, que está a estudar segundo curso de dirección de cociña no centro educativo focego, preparará unha receita que fusiona a gastronomía galega e a italiana, co polbo como ingrediente principal.

A participación de Francisco xurde a raíz da colaboración entre o IES de Foz e Franco López, presidente do Movimento Pizzaoli e que visitou o centro focego no pasado mes de maio.

APRENDIZAXE

Así, o alumno poderá participar nun campionato internacional e aprender a elaboración dunha pizza italiana. Ana Martínez Arruñada, docente que acompaña ao alumno en Italia, e o propio López, vía on line, axudan a Francisco coa súa participación no campionato.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here