IniciosociedadeA Xunta levantará o veto a plantar pataca en Lourenzá, A Pontenova,...

A Xunta levantará o veto a plantar pataca en Lourenzá, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro

Ao non teren rexistrado ningunha captura nos dous últimos anos, estas localidades deixarán de ser consideradas zonas infestadas pola couza e pasarán á demarcada como zona tampón

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou a través dun comunicado que levantará a prohibición de plantar pataca en nove concellos das provincias da Coruña e Lugo afectados pola couza guatemalteca. A medida vén de acordarse na comisión de seguimento desta doenza e farase efectiva unha vez saia publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O levantamento da prohibición de plantar pataca beneficiará os agricultores dos concellos coruñeses de Cariño, Ortigueira e Neda, así como os dos municipios lucenses de Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Ribadeo e O Valadouro. Ao non teren rexistrado ningunha captura nos dous últimos anos, estas localidades deixarán de ser consideradas zonas infestadas pola couza e pasarán a englobarse na demarcada como zona tampón.

ATA O 1 DE ABRIL PARA PRESENTAR AS DECLARACIÓNS DE CULTIVO

Deste xeito, nestes municipios permitirase plantar pataca pero farase un seguimento exhaustivo das plantacións por parte da Consellería do Medio Rural, que manterá as demais medidas de control e vixilancia previstas na lexislación co obxectivo último de controlar a expansión da couza. Nese senso, tras a comisión de hoxe, estableceuse a data do 1 de abril como o prazo máximo para presentar as declaracións de cultivo nas zonas tampón.

A comezos de ano xa se levantara a prohibición de plantar pataca nos concellos coruñeses de Ares, Mugardos, Cabanas, Fene, Ferrol, A Capela e As Pontes de García Rodríguez, así como nos lucenses de Ourol e Abadín, ao pasar de seren concellos infestados a zona declarada como tampón. En todos eles, confirmouse a ausencia de capturas de couza guatemalteca no que vai de 2020, pero mantívose igualmente o control das plantacións.

A PROHIBICIÓN MANTENSE EN DEZ MUNICIPIOS MARIÑAOS

A situación non cambia en AlfozBarreiros, BurelaCervoFozO Vicedo, TrabadaViveiro, MondoñedoXove, onde os agricultores deberán agardar para poder plantar o tubérculo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...