IniciosociedadeNG Decoinox: "o mercado tende a demandar os traballos feitos con mimo...

NG Decoinox: “o mercado tende a demandar os traballos feitos con mimo en aceiro inoxidable”

A carpintería metálica estreou neste 2020 un emprazamento en Barreiros, nunhas instalacións que contaron co apoio do GDR Terras de Miranda

Publicada o

- Advertisement -

Noelia Pérez Cao vén de mudar a sé da empresa familiar de Lourenzá a Barreiros. O cambio de emprazamento aspira a ser un impulso para NG Decoinox, que prolonga a vida dun negocio con máis dunha década de traxectoria. A nova instalación contou, dentro do programa Leader, cunha achega duns 95.000 euros do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda, dentro das axudas para proxectos produtivos.

“A miña parella iniciara o negocio hai algo máis dunha década en Lourenzá e neste caso fun eu quen retomou a actividade; aínda que antes non estaba directamente vinculada, é como unha continuación e un impulso do que se estaba facendo. Temos un novo emprazamento, unhas instalacións novas, en Barreiros”, explica.

Preguntada sobre a oferta da empresa, expón que “nós ofrecemos un servizo integral. A clientela cóntanos a súa necesidade e nós asesorámola no que cremos que necesita, achegando algunha idea, e mesmo facendo unha infografía ou un croquis, dependendo da petición. Partindo desa idea, deseñamos, orzamentamos, fabricamos e colocamos”.

“Traballamos practicamente todos os tipos de metais; ferro, aluminio, cobre, latón… Pero a demanda no mercado tende un pouquiño a demandar os traballos feitos con máis mimo no ámbito do aceiro inoxidable, esa é quizais unha das nosas principais características”, resume a empresaria. “Facemos rótulos, varandas, acabados interiores, mobiliarios de cociña, vestiarios, mobiliario de deseño que se queira adaptar a algún espazo concreto, pasamáns, peches ou cancelas, entre outros”, precisa.

“Outro dos rasgos distintivos da nosa empresa é que temos varios acordos con asteleiros, para os que fabricamos tanto varandas para a ponte de mando dos barcos como o mobiliario das cociñas, traballos de perfilería, armarios para taquillas… Pídenos unha variedade de cousas”, indica.

COVID-19

O proxecto viuse afectado, como non, pola pandemia. “A obra, de dous anos, rematouse en novembro do ano pasado, e estabamos acabando de trasladarnos a nivel de maquinaria cando nos colleu a Covid-19, o que provocou moita incerteza porque non sabiamos ata que punto poderiamos culminar o traslado, se poderiamos movernos. Finalmente si que se puido, pero foi un ano complicado, porque está todo en xeral bastante parado. Tamén nos afectou no sentido de que queriamos facer unha inauguración e unha xornada de portas abertas para que a clientela poidese ver como traballamos, algo que queda pendente e que seguimos coa intención de facer pero polo de agora non se pode organizar porque hai que evitar calquera tipo de aglomeración”, concreta Pérez Cao.

AXUDA PARA ACURTAR OS PRAZOS

A empresaria agradece a achega do GDR porque “para nós foi moi importante, sobre todo porque acurtou moito os prazos. Nós pensabamos sacar adiante igual o negocio, tivesemos apoio económico ou non, pero si que dun xeito máis progresivo. O plantexamento era de montar a nova nave nun prazo de cinco ou seis anos, e deste xeito fixémolo en dous, o que doutro xeito non poderiamos”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...