IniciosociedadeInaugurado o hipermercado Eroski en Burela, que dará emprego a 47 traballadores

Inaugurado o hipermercado Eroski en Burela, que dará emprego a 47 traballadores

O establecemento ten unha sala de vendas de 1.747 metros cadrados e un aparcadoiro con 150 prazas

Publicada o

- Advertisement -

Eroski inaugurou este xoves un novo establecemento na localidade lucense de Burela, situado na Avenida de Perdouro, número 13, un hipermercado que dará emprego a 47 traballadores, segundo concretou a marca.

O supermercado permanecerá aberto de 9.15 a 21.45 horas, horario que manterá de luns a sábado. Para a súa apertura oficial levouse a cabo un pequeno acto de inauguración a primeira hora desta mañá coa participación do alcalde do Concello de Burela, Alfredo Llano, quen estivo acompañado polo director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; o director de hipermercados, supermercados e estacións de servizo Eroski, Florentino Vázquez; o xefe de zona de Eroski Center, Pedro Fraga; o director de Expansión e Franquicias de Vegalsa-Eroski, Pedro Suárez, e o equipo da tenda.

O hipermercado convivirá coa tenda que a compañía ten no centro da localidade, e especializarase “en frescos, cunha grande aposta polos produtos locais“.

Zona de carnicería e charcutería. AXM

Esta nova tenda, que supuxo un investimento próximo aos dous millóns de euros, ten unha sala de vendas de 1.747 m2 con máis de 14.200 referencias de alimentación, frescos e non food e atención personalizada nas súas seccións de frescos: carnicería, pescadería,
charcutería, frutería e panadería, nas que os clientes poderán atopar
tamén servizos como máquina de zumes recentemente exprimidos, cortadora de pan
e cortadora de bacalao. O establecemento pon a disposición dos clientes ademais o servizo de compra online (con reparto a casa e modalidade de servizo de recollida en tenda).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...