IniciosociedadeVarias altas na residencia de Cervo baixan a 14 os maiores positivos,...

Varias altas na residencia de Cervo baixan a 14 os maiores positivos, dous deles ingresados

Cinco das 17 traballadoras permanecen contaxiadas de Covid-19, segundo Mensajeros de la Paz

Publicada o

- Advertisement -

O número de maiores contaxiados de coronavirus na residencia de Cervo baixou a 14, segundo concretou este xoves Mensajeros de la Paz, empresa adxudicataria do servizo, de titularidade municipal. Diminúe así o impacto do gromo de Covid-19 localizado no xeriátrico, que provocou a morte de nove usuarios; o pasado 20 de novembro, cando se comunicou o último falecemento, había 29 residentes infectados.

Dos 14 maiores afectados polo abrocho, dous permanecen ingresados no Hospital da Mariña. No tocante ao persoal, segundo as mesmas fontes, quedan cinco traballadoras infectadas dun total de 17.

No resto de xeriátricos da provincia de Lugo, o cómputo do Sergas recolle os seguintes positivos:

MAIORES

8 Vivenda Comunitaria Remaso de Paz (A Fonsagrada)

9 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Domusvi Monforte

117 Residencia Asilo Vilalba

21 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)

18 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

TRABALLADORES

3 Residencia DomusVi Chantada

10 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)

1 Residencia Albertia Lugo

2 Residencia de As Gándaras (Lugo)
2 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia de Maiores de Monforte de Lemos
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

19 Residencia Asilo de Vilalba

1 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

CENTROS EDUCATIVOS

No tocante aos centros educativos da Mariña Lucense, documéntanse un total de 19 positivos.

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

FOZ E.I de Foz 2 1 0

(dúas altas na E. I. Nosa Señora do Campo de Ribadeo)

BARREIROS CEIP San Miguel de Reinante Barreiros 1 0 0

BURELA IES Monte Castelo 3 0 0 (un máis)
BURELA IES Perdouro 2 0 0

FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0
FOZ CEIP O Cantel 2 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Martínez Otero 1 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1 0 0 (un máis)
FOZ IES de Foz 2 0 0

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0

MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora 1 0 0

RIBADEO CIFP Porta da Auga 2 0 0

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...