IniciosociedadeCervo acondiciona a rúa Fonte de San Roque coa achega da Xunta

Cervo acondiciona a rúa Fonte de San Roque coa achega da Xunta

O investimento das actuacións, nun espazo peonil dos máis singulares da capital municipal, ascenderán a 117.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, coa achega da Xunta de Galicia, iniciou as obras de remodelación integral da rúa Fonte de San Roque, un espazo peonil dos máis singulares da capital do municipio.

Trátase dun espazo de moito tránsito, que separa a igrexa parroquial e o cemiterio e da Praza do Souto, centro da capital municipal. 

O fonte data, alomenos, do 1845, cando se atopa a primeira evidencia no Diccionario Madoz. Foi reformada a mediados do século XX e conserva a antiga figura do santo xunto á actual. 

OBRAS

As actuacións consistirán na substitución do pavimento empedrado e na redución das actuais pendentes, coa intención de facer o camiño máis accesible.

O proxecto tamén inclúe a intervención no soterrado do tendido da iluminación pública e a renovación total da rede de sumidoiros. Así, independizaranse as canalizacións de recollida de augas pluviais e residuais.

ORZAMENTO

O orzamento supera os 117.000 euros. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achega a metade do investimento.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Alfonso Villares, e de persoal da oficina técnica municipal, vistiaron as obras, que se prolongarán nas vindeiras semanas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...