IniciosociedadeBurela acumula 38 positivos novos nos últimos 14 días, por 29 de...

Burela acumula 38 positivos novos nos últimos 14 días, por 29 de Foz e 14 de Viveiro; Ribadeo baixa dos dez

O Hospital da Mariña atende sete pacientes con Covid-19, un máis ca na anterior actualización

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.060, 25 menos ca na anterior actualización, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). De acordo coa mesma fonte, na última xornada documentáronse un total de 31 positivos novos por PCR.

Dos 1.060 contaxiados, 36 permanecen ingresados, dous menos ca onte. O Hospital da Mariña atende un paciente con Covid-19 máis, para un total de sete; o HULA 25, entre eles os seis da área sanitaria que requiren de coidados intensivos; o centro hospitalario de Monforte coida de tres persoas infectadas.

No histórico da provincia confirmáronse 120 falecementos, 4.928 altas e 6.109 casos acumulados. Fixéronse 100.725 PCR, o que implica que desde a anterior actualización de datos efectuáronse 665 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, Viveiro, que desde este sábado quedará libre do confinamento perimetral e do peche da hostalería, segue á baixa e acumula 14 positivos novos nos últimos 14 días; Burela, que seguirá padecendo estas restricións alomenos ata a semana que vén, suma 38 nese mesmo prazo, boa parte deles no buque Adviento Uno.

Foz mantense en 29 contaxios novos en dúas semanas; Cervo suma 15, Xove dez e Ribadeo queda por debaixo dos dous díxitos. En similar situación ao municipio ribadense, con entre 1 e 9 infeccións nese período, están O Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Barreiros e A Pontenova. Libres de Covid-19, Ourol, O Vicedo e Riotorto.

Consulta os datos a nivel galego nesta ligazón do Galicia Confidencial.

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

O número de casos activos nos centros educativos da Mariña son 19. Foz, cun positivo máis no Ceip O Cantel, acumula oito dos positivos.

FOZ E.I de Foz 2 1 0

BARREIROS CEIP San Miguel de Reinante Barreiros 1 0 0

BURELA IES Monte Castelo 2 0 0 (un menos)
BURELA IES Perdouro 2 0 0

FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0
FOZ CEIP O Cantel 3 0 0 (un máis)
FOZ CPR Plurilingüe Martínez Otero 1 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1 0 0
FOZ IES de Foz 2 0 0

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0

MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora 1 0 0

RIBADEO CIFP Porta da Auga 2 0 0

RESIDENCIAS

No relativo ás residencias, estes son os datos a nivel provincial.

MAIORES

14 Residencia San Cibrao (Cervo)

22 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Domusvi Monforte

117 Residencia Asilo Vilalba

1 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)

8 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

TRABALLADORES

5 Residencia San Cibrao (Cervo)

8 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)

1 Residencia Albertia Lugo

2 Residencia de As Gándaras (Lugo)
2 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia de Maiores de Monforte de Lemos
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

19 Residencia Asilo de Vilalba

1 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...