IniciosociedadeDezaseis dos 17 tripulantes do Adviento Uno dan negativo en Covid-19

Dezaseis dos 17 tripulantes do Adviento Uno dan negativo en Covid-19

No Hospital da Mariña permanece ingresado o outro traballador que resultara contaxiado

Publicada o

- Advertisement -

Dezaseis dos 17 tripulantes do Adviento Uno, o buque que permanece amarrado no porto de Burela tras localizarse un brote de Covid-19, deron negativo nas probas PCR ás que foron sometidos nas últimas horas. Segundo concretan fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas), están asintomáticos, de xeito que reciben a alta epidemiolóxica e poderán volver polo tanto ás súas casas ou ao traballo.

No Hospital da Mariña queda ingresado polo momento, estable, o outro traballador que resultara infectado. Trátase dun home de 41 anos.

A tripulación permanecía confinada desde mediados do mes de novembro no propio barco, unha situación que denunciou ao non considerar o pesqueiro o lugar axeitado para pasar a corentena.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...