IniciosociedadeCajoto alerta de posibles restricións en Foz, con 29 casos: "hai que...

Cajoto alerta de posibles restricións en Foz, con 29 casos: “hai que ser precavidos, estamos na corda frouxa”

O alcalde pide gardar distancias e non facer festas particulares coa fin de evitar os prexuízos dun peche para a economía do municipio

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, pide á veciñanza que sexa moi precavida e responsable para evitar novos contaxios que poderían ocasionar máis restricións, porque hai 29 casos de Covid-19 no municipio.

“Hoxe afortunadamente podemos dar unha boa nova: Foz non ten restricións adicionais, co cal os establecementos, tamén a hostalería, poden seguir abertos nas condicións que o viñan facendo, exercendo os distintos profesionais e autónomos o seu traballo, o que é fundamental nun contexto que estamos de crise sanitaria, pero tamén económica, da que todos estamos a sufrir as consecuencias. Pero isto danos un toque de atención porque con 29 casos Foz está en riscona corda frouxa, e o que temos que facer é ser máis precavidos que nunca, gardar sempre todas as distancias, non facer ningún tipo de festa particular e ser moi responsables. Así evitaremos esas perdas económicas que poden sufrir os nosos veciños se hai novas restricións. Así que non se pode baixar a garda en ningún momento”, explicou o rexedor municipal.

OS POSITIVOS, EN GRUPOS FAMILIARES “BEN DELIMITADOS”

Cajoto explicou que “segundo nos informaron, os casos que temos positivos son basicamente en grupos familiares ben delimitados, pero isto non implica que co número de positivos que teñamos a Xunta non decida aplicar outras disposicións adicionais en vindeiros días ou en próximas semanas. Entón pido precaución, respecto absoluto ás normas e seguir traballando todos xuntos para que saiamos o máis rápido posible desta situación”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...