IniciosociedadeA Deputación achega 180.000 euros á reforma da escola de Cedofeita e...

A Deputación achega 180.000 euros á reforma da escola de Cedofeita e á creación de zonas de ocio na Mariña

Trabada terá un parque infantil, Barreiros unha área de skate e o espazo ribadense da Avenida Rafael Fernández Cardoso será ampliado

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de conceder, a través da área de Cultura, unha subvención de 90.000 euros ao Concello de Ribadeo para proceder ao arranxo da escola parroquial de Cedofeita, que en palabras do rexedor “era un perigo polo seu estado de conservación estrutural”. A eses 90.000 euros, repartidos en dúas anualidades, súmanse 40.000 euros máis que achegará o Concello noutros dous exercicios para levar adiante esas obras. O alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, valorou que as actuacións porán fin a “moitos anos de espera”.

Por outra banda, a área de Mocidade, dirixida por Mónica Freire, financiará a construción, ampliación e mantemento de tres parques nos concellos de Barreiros, Ribadeo e Trabada.

AS OBRAS EN BARREIROS, RIBADEO E TRABADA REMATARÁN NA PRIMAVERA DE 2021

Mocidade destina 91.000 euros á execución das obras, que mellorarán a dotación de espazos de ocio nos tres concellos mariñaos. A previsión da área é que os traballos poidan comezar de forma inmediata, a comezos do mes de decembro. O periodo de execución é de catro meses, polo que quedarán rematadas na primavera de 2021.

En Trabada, crearase un parque infantil nun terreo situado na rúa do Concello, cun investimento de 19.600 euros por parte da área provincial.

O concello de Barreiros recibirá unha achega de 22.000 euros para a creación dunha pista de skate en San Cosme, na Praza do Teleclube, cunha achega de 22.000 euros.

En Ribadeo, o goberno provincial financiará a reposición e ampliación do parque situado na Avenida Rafael Fernández Cardoso cunha achega de 49.000 euros.

A deputada nacionalista sinalou que “as zonas de ocio son fundamentais para o xogo e a socialización na infancia e na adolescencia, franxas de idade das que temos que coidar especialmente nos concellospequenos nos que o reto é fixar pobaoción”.

Os traballos serán realizados pola empresa pública Tragsa, na súa condición de medio propio da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...