Este sábado arranca o Circuíto de Teatro Afeccionado da área de Cultura, que programa máis de 40 actuacións pola xeografía da provincia desde esta fin de semana ata final de ano.
Un total de quince compañías participan nesta iniciativa que dá pulo ao teatro amador nun ano condicionado pola incidencia da crise sanitaria nas programacións culturais, especialmente no ámbito das artes escénicas. Alentía Teatro, Nova Escena Teatro, Os Palimoquiños, Curuxán Teatro Impro, Hipócrita Teatro, Os Baluros, Os Trocos, A Adala, A Mariña, Asociación Cultural Abrente, Grupo de Teatro Viraventos, Teatreiras, Lume Escénico, O Torques e Pico do Castro representarán os seus espectáculos nunha vintena de municipios.
A programación, organizada en colaboración cos Concellos e coas asociacións culturais que facilitan os espazos para as representacións, inclúe pezas para todos os públicos e con distintos rexistros, desde o drama ata a comedia.
O Circuíto de Teatro Afeccionado artellouse neste 2020 para dar continuidade á actividade do Buxiganga, unha convocatoria que non puido repetirse este ano polas dificultades que a situación sanitaria creaba á hora de concretar datas e horarios coa antelación que requería o procedemento habitual.
A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, explicou que “con esta alternativa puntual apoiamos a labor das compañías amadoras espalladas polas comarcas, moitas delas creadas a raíz da labor de promoción e formación do Buxiganga”.
Ferreiro incidiu na aposta da área por manter a actividade cultural, cumprindo cos protocolos e as indicacións sanitarias vixentes en cada lugar e momento.
PRIMEIRAS ACTUACIÓNS
As primeiras representacións do Circuíto de Teatro Afeccionado terán lugar esta fin de semana en Ribadeo, A Pastoriza e Pantón.
Sábado 28 de novembro, actuación da compañía A Mariña que representa “A maxia dos sentimentos” no teatro de Ribadeo, ás 17.30 horas.
Sábado 28 de novembro, actuación de Os Baluros, coa obra “Menciñeiro á forza” no centro sociocultural da Reigosa ás 20.30 horas.
Domingo 29 de novembro, actuación de Hipócrita Teatro, que representa a obra “Hotel Desencanto” nan na Casa da Cultura de Pantón ás 18.00 horas.
CALENDARIO
Neste cadro podes consultar o calendario de actuacións.
Concello /Asociación | Grupo de Teatro | Obra | Espazo | Hora | |
sábado 28 de novembro | ASOCIACIÓN DE REIGOSA | OS BALUROS | MENCIÑEIRO Á FORZA | CASA SOCIOCULTURAL DE REIGOSA (A PASTORIZA) | 20:30 |
domingo 29 novembro | CONCELLO DE RIBADEO | A MARIÑA | A MAXIA DOS SENTEMENTOS | TEATRO DE RIBADEO | 17:30 |
CONCELLO DE PANTÓN | HIPÓCRITA TEATRO | HOTEL DESENCANTO | CASA DA CULTURA | 18:00 | |
sábado 5 de decembro | CARBALLO VIVO | OS TROCOS | POR UN PUÑADO DE GRELOS | CENTRO SOCIOCULTURAL DE FRIOL | 17:00 |
CONCELLO DE QUIROGA | ALENTÍA TEATRO | TECEDORAS DE SOÑOS | AUDITORIO MUNICIPAL | 18:00 | |
AAVV O SAN MIGUEL | O TORQUES | O RANDIÑA | LOCAL DA ASOCIACIÓN NAS NEGRADAS
(O VICEDO) |
17:00 | |
CONCELLO DE FOZ | NOVA ESCENA TEATRO | AS FILLAS DE EVA | CENTRO SOCIAL DE VILARONTE – TELECLUBE | 20:00 | |
domingo 6 de decembro | CONCELLO DE QUIROGA | O TORQUES | O RANDIÑA | AUDITORIO MUNICIPAL | 18:00 |
TEATREIRAS | ALENTÍA TEATRO | TECEDORAS DE SOÑOS | CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO | 12:00 | |
CONCELLO DE ALFOZ | CURUXAN TEATRO IMPRO | IMPROVINCIA | CASA DA CULTURA | 19:00 | |
sábado 12 de decembro | CARBALLO VIVO | METÁTESE TEATRO | DETRÁS DAS MÁSCARAS | CENTRO SOCIOCULTURAL DE FRIOL | 17:00 |
CONCELLO DE RIOTORTO | LUME ESCÉNICO | COUSAS DE BARES | CENTRO SOCIOCULTURAL | 21:00 | |
CONCELLO DE O VICEDO | PICO DO CASTRO | O TERAPEUTA | CASA DA CULTURA | 20:00 | |
CONCELLO DE RIBADEO | OS PALIMOQUIÑOS | BORRALLIÑA | TEATRO DE RIBADEO | 17:30 | |
CONCELLO DE SARRIA | HIPÓCRITA TEATRO | HOTEL DESENCANTO | CASA DA CULTURA | 20:00 | |
domingo 13 de decembro | CONCELLO DE MONFORTE | NOVA ESCENA TEATRO | AS FILLAS DE EVA | CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO | 20:00 |
REBULDEIRA TEATRO | A MARIÑA | A MAXIA DOS SENTEMENTOS | CASA DA CULTURA DE SARRIA | 19:00 | |
CONCELLO DE PANTÓN | CURUXAN TEATRO IMPRO | IMPROVINCIA | CASA DA CULTURA | 18:00 | |
venres 18 de decembro | CONCELLO DE ALFOZ | OS BALUROS | MENCIÑEIRO Á FORZA | CASA DA CULTURA | 20:00 |
sábado 19 de decembro | CONCELLO DE POL | METÁTESE TEATRO | DETRÁS DAS MÁSCARAS | CENTRO SOCIOCULTURAL DE MOSTEIRO | 18:00 |
CONCELLO DE O VALADOURO | ASOCIACIÓN CULTURAL ABRENTE | O AEROPORTO DA VALIÑA | CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL LOURENZO | 19:00 | |
CONCELLO DE BURELA | O TORQUES | O RANDIÑA | CASA DA CULTURA | 20:30 | |
CONCELLO DE RIOTORTO | OS TROCOS | POR UN PUÑADO DE GRELOS | CENTRO SOCIOCULTURAL | 21:00 | |
CONCELLO DE SARRIA | OS PALIMOQUIÑOS | BORRALLIÑA | CASA DA CULTURA | 20:00 | |
CONCELLO DE MONFORTE | HIPÓCRITA TEATRO | HOTEL DESENCANTO | CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO | 20:00 | |
ASOCIACIÓN DE REIGOSA | LUME ESCÉNICO | COUSAS DE BARES | CASA SOCIOCULTURAL DE REIGOSA | 21:00 | |
domingo 20 de decembro | CONCELLO DE POL | ASOCIACIÓN CULTURAL ABRENTE | O AEROPORTO DA VALIÑA | CENTRO SOCIOCULTURAL DE MOSTEIRO | 19:00 |
CONCELLO DE O VICEDO | LUME ESCÉNICO | COUSAS DE BARES | CASA DA CULTURA | 19:00 | |
ASOCIACIÓN COMERCIANTES DE SAMOS | METÁTESE TEATRO | DETRÁS DAS MÁSCARAS | PÓRTICO – BAIXO CONCELLO | 17:00 | |
REBULDEIRA TEATRO | VIRAVENTOS | SUCESOS | CASA DA CULTURA DE SARRIA | 19:00 | |
CONCELLO DE XOVE | CURUXAN TEATRO IMPRO | IMPROVINCIA | CENTRO CÍVICO | 19:00 | |
sábado 26 de decembro | CONCELLO DO VALADOURO | OS TROCOS | POR UN PUÑADO DE GRELOS | CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL LOURENZO | 19:00 |
CONCELLO DE A FONSAGRADA | ASOCIACIÓN CULTURAL ABRENTE | O AEROPORTO DA VALIÑA | SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL OS CHAOS | 19:00 |