IniciosociedadeA incidencia do virus baixa en Burela, que pasa de 38 a...

A incidencia do virus baixa en Burela, que pasa de 38 a 33 casos en 14 días, e en Foz, de 29 a 26

O Hospital Público da Mariña atende cinco pacientes con Covid-19, dous menos ca onte; Trabada súmase a Ourol, O Vicedo e Riotorto, libres de coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 1.065, cinco máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización confirmáronse 61 positivos novos por PCR.

Dos 1.065 contaxiados, 36 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende cinco pacientes con Covid-19, dous menos ca onte, mentres que o HULA coida de 27, entre eles os catro da área sanitaria que requiren coidados intensivos. O centro hospitalario de Monforte ten catro doentes contaxiados.

No histórico da provincia documéntanse 120 falecementos, con 4.994 altas e 6.180 casos acumulados. Fixéronse 101.472 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas se efectuaron 747 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, o número de casos documentados nos últimos 14 días baixa en Burela de 38 a 33, e tamén en Foz, de 29 a 26. Viveiro, que desde este sábado queda libre do confinamento perimetral e do peche da hostalería, que continúa no municipio burelao, a cifra continúa en descenso, con once positivos novos nas últimas dúas semanas. En Cervo houbo 13 contaxios nese mesmo prazo e Trabada súmase a Ourol, Riotorto e O Vicedo, que seguen libres de Covid-19. O resto dos municipios mariñaos contan entre unha e nove infeccións nese mesmo prazo.

Le a información relativa a Galicia nesta ligazón do Galicia Confidencial.

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

FOZ E.I de Foz 2 1 0

(unha alta no CEIP San Miguel de Reinante Barreiros)

BURELA IES Monte Castelo 2 0 0
BURELA IES Perdouro 2 0 0

FOZ CEIP O Cantel 3 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Martínez Otero 1 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 2 0 0 (un máis)
FOZ IES de Foz 2 0 0

(unha alta no Ceip Fondo Nois)

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0

MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora 1 0 0

RIBADEO CIFP Porta da Auga 2 0 0

RESIDENCIAS

MAIORES

13 Residencia San Cibrao (Cervo) (unha alta)

22 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Domusvi Monforte

117 Residencia Asilo Vilalba

8 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

TRABALLADORES

3 Residencia DomusVi Chantada

4 Residencia San Cibrao (Cervo) (unha alta)

8 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)

1 Residencia Albertia Lugo

2 Residencia de As Gándaras (Lugo)
2 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia de Maiores de Monforte de Lemos
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

21 Residencia Asilo de Vilalba

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...