A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte rexistra este domingo 29 de novembro unha baixada importante no total de casos activos por coronavirus: son 967, 98 menos ca onte. Segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), tamén descenden os casos diarios trala suba do sábado: nas últimas 24 horasconfirmáronse 31 novos positivos a través de PCR.
Dos 967 contaxiados, 39 permanecen ingresados, tres máis. O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende catro pacientes na UCI (sen variacións) e 25 en planta (+2); o da Mariña conta sete (+2); e o de Monforte, 3 (-1), nestes dous últimos casos todos en unidades de hospitalización.
Ademais, no día de onte o Sergas notificou o falecemento no hospital da Mariña dunha muller de 92 anos que estaba diagnosticada de coronavirus. Desta maneira, xa son 121 as vítimas mortais na área sanitaria de Lugo dende o inicio da pandemia.
No mesmo reconto histórico contabilízanse 5.123 altas e 6.212 casos acumulados. Fixéronse 102.384 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 912 probas, case 200 máis ca o día anterior.
No tocante á situación epidemiolóxica, o número de casos localizados nos últimos 14 días segue a minguar en Burela, confinado perimetralmente e coa hostalería pechada: son 31 fronte aos 33 de onte e os 38 do pasado venres. Cabe insistir en que este dato non fai referencia aos positivos activos existentes actualmente no municipio, que poden ser menos por mor de altas, senón a aqueles contaxios documentados nas dúas últimas semanas, que é a referencia que o Sergas dá para comprobar a incidencia do virus.
Foz, concello sobre o que o propio alcalde advertiu que está “na corda frouxa”, mantense en parámetros similares: nos últimos 14 días documentáronse 27 casos, polos 26 do reconto de onte e os 29 do pasado venres.
Viveiro conta dez casos nese mesmo prazo e Cervo doce. Xove, Ribadeo, Barreiros, Mondoñedo, Lourenzá, A Pontenova e Riotorto acumulan entre un e nove positivos nas últimas dúas semanas, mentres que Ourol, Trabada e O Vicedo seguen libres de Covid-19, unha situación á que se suman Alfoz, O Valadouro.
Le a información completa sobre Galicia no Galicia Confidencial.
RESIDENCIAS
MAIORES (positivos)
13 Residencia San Cibrao (Cervo)
22 Residencia San Salvador (Guntín)
1 Domusvi Monforte
117 Residencia Asilo Vilalba
8 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)
TRABALLADORES
3 Residencia DomusVi Chantada
4 Residencia San Cibrao (Cervo)
8 Residencia San Salvador (Guntín)
1 Residencia A Veiga (Láncara)
1 Residencia Albertia Lugo
2 Residencia de As Gándaras (Lugo)
2 Residencia San Rafael (Mondoñedo)
1 Residencia de Maiores de Monforte de Lemos
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)
1 Residencia Concello de Trabada
21 Residencia Asilo de Vilalba
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)