IniciosociedadeSó Burela, Foz e Cervo teñen máis de dez positivos novos nas...

Só Burela, Foz e Cervo teñen máis de dez positivos novos nas últimas dúas semanas

Viveiro, Xove, Barreiros, Mondoñedo, Lourenzá, Riotorto, A Pontenova, e Ribadeo contan entre un e nove casos e Ourol, O Vicedo, O Valadouro, Alfoz e Trabada seguen libres de Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 30 de novembro un descenso no total de casos activos por coronavirus: son 951, 16 menos ca onte. Segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), tamén minguan os casos diarios: nas últimas 24 horasconfirmáronse 24 novos positivos a través de PCR.

Con todo, mentres baixan os casos aumentan os ingresados, de 39 a 44. O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende catro pacientes con Covid-19 na UCI (sen variacións) e 30 en planta (+5); o da Mariña conta sete (os mesmos ca onte) e o de Monforte, 3 (igual ca na anterior actualización).

No histórico da provincia documéntanse 122 falecementos, 5.163 altas e 6.237 casos acumulados. Fixéronse 103.102 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 718 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, Burelaque permanece confinada perimetralmente e coa hostalería pechada– sumou 31 positivos nos últimos 14 días, por 28 de Foz. En Cervo, nese mesmo prazo, documentáronse 11 casos novos.

O Concello de Viveiro informou a través dun comunicado de prensa de que, segundo os últimos datos facilitados polas autoridades sanitarias, a día de hoxe hai nove casos activos por Covid-19 no municipio, pero non se rexistra ningún novo positivo dende hai máis de 10 días. O goberno local insta a “extremar a precaución de cara á ponte festiva desta fin de semana, estando xa ás portas do Nadal”. Dadas as posibilidades de contaxio “en reunións sociais e familiares”, incide “en respetar os grupos de seis persoas cumprindo sempre as medidas de seguridade sanitaria, como o uso de máscara e a distancia social”.

Xove, Barreiros, Mondoñedo, Lourenzá, Riotorto, A Pontenova e Ribadeo teñen entre un e nove casos confirmados nas últimas dúas semanas. Ourol, O Vicedo, O Valadouro, Alfoz e Trabada seguen libres de Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...